Ibadan
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
localización da cidade en Nixeria
Ibadan é unha cidade de Nixeria, a segunda en tamaño e importancia despois de Lagos. Segundo o censo do ano 2006, tiña 2.550.593 habitantes. Sitúase a pouco máis de cen quilómetros ó norleste da gran metrópole, na liña do ferrocarril e estarda que a comunica cos territorios do norte do país (Kano).
Capital do estado de Oyo e habitada polos yoruba, é un centro comercial e de servizos para a poboada zona agrícola circundante (cacao, algodón, aceite de palma, caucho). Así mesmo, é un núcleo da industria transformadora desas materias primas.
Ten as súas orixes en 1829. Tralas guerras intertribais dos yoruba, os vencedores acamparon no lugar, conformando o seu xérmolo inicial.