Diacrítico
| Diacríticos |
|---|
Un (signo) diacrítico (do grego διακριτικός diacritikós, «que distingue») é un signo situado sobre (diacrítico superescrito), debaixo (diacrítico subscrito), en ou a través (diacrítico inscrito), despois (diacrítico adscrito), diante (diacrítico preescrito) ou ao redor (diacrítico circumscrito) dun grafema para modificar o seu valor fonético, permitir unha lectura máis precisa (os diacríticos non son pois obrigatorios) ou evitar unha ambigüidade entre homógrafos.
Índice |
Características [editar]
Existen tamén letras diacríticas, mudas e por forza escritas ao lado da letra que modifican. Accesoriamente, puideron converterse en signo diacrítico (cf. Umlaut).
Do mesmo xeito que as ligaturas e que as letras suplementarias inventadas, a adición de diacríticos amplía o número de grafemas dunha escritura. En moitos casos, a letra con diacrítico non se considera como un grafema independente senón como un alógrafo, é dicir, outra versión escrita da letra simple. A letra con diacrítico non intervén xa que logo, na clasificación alfabética.
Como exemplo, o acento agudo do francés modifica o valor fonético dun e, pronunciado xeralmente [ǝ] (e mudo): é sona [e]. O acento grave sobre un a, non obstante, so permite distinguir homógrafos: la (artigo) ~ là (adverbio de lugar), sonando os dous [la]. Sen embrago non se consideran é e à como letras independentes de e e a. O francés non coñece diacrítico ningún que sirva para afinar a lectura: todos son obrigatorios.
Ese tipo existe en árabe, onde as vogais non se escriben; nas obras didácticas ou relixiosas pódense notals en forma de diacríticos. A fatḥa, un trazo lixeiramente oblicuo suscrito, serve para indicar a presenza dunha vogal [a]: a palabra عدل lese ʿadl (‘adl) pero translitérase ʿdl. Para precisar a súa lectura, pódeselle engadir unha fatḥa: عَدل.
Cada escritura puido desenvolver os seus propios diacríticos:
- diacríticos do alfabeto galego;
- diacríticos do alfabeto latino (ao servir este para a romanización, é o alfabeto que coñece máis signos diacríticos):
- cf. tamén diacríticos do alfabeto vietnamita (quôc ngu),
- diacríticos do alfabeto grego;
- diacríticos do alfabeto cirílico;
- diacríticos do alfabeto árabe;
- diacríticos do alfabeto hebreo;
- diacríticos do devanâgarî;
- diacríticos dos silabarios xaponeses;
- diacríticos do alfabeto tibetano;
- diacríticos do alfabeto turco.
Tipos de diacríticos [editar]
- punto
- ( · ) punto medio
- ( ˙ ) anunaasika, punto superior
- ( . ) anusvaara punto inferior, usado en sánscrito
- ( ¸ ) cedilla
- ( ˛ ) ogonek o "gancho polonés"
- ( ° ) kroužek ou anel; usado por exemplo no símbolo do angströn
- ( ˘ ) breve, é parte da letra en esperanto
- ( ˇ ) caron ou haiček ("ganchiño" en checo). En eslovaco chámase mäkčeň ("suavizador" ou "marca de palatalización"), en esloveno strešica ("teitiño").
- ( ¯ ) macron
- ( ¨ ) trema ou diérese.
- acento
- ( ` ) acento grave
- ( ´ ) acento agudo
- ( ˝ ) acento agudo dobre
- ( ^ ) acento circunflexo, parte da letra en esperanto, en eslovaco sobre "o" chámase vokáň
- spiritus asper
- spiritus lenis
Marcas que son diacríticos mais tamén teñen outros usos:
- ( | ) barra a través da letra básica
- ( , ) vírgula
- ( ~ ) til
- ( ҃ ) titlo, indica abreviación no alfabeto cirílico antigo
- ( ' ) apóstrofo
- ( : ) dous puntos, usado para ligar sufixos a palabras estranxeiras
- ( - ) hífen - usado para quebrar palabras, resolvendo ambigüidades de pronuncia
Usos [editar]
- A lingua Inglesa non presenta diacríticos, excepto para pouquísimos casos de palabras oriúndas doutros idiomas;
De forma xeral as linguas eslavas son as que máis presentan casos de letras con diferentes diacríticos.
Atópanse moitos diacríticos, porén en menor escala do que nas eslavas nas linguas escandinavas e Bálticas, ben como en húngaro, turco, romani, catalán e galego.
- Varios romanizacións da lingua chinesa usan a trema, mais só no u (ü). No Pinyin, os catros tons do mandarín marcanse polo macron, acento agudo, caron e acento grave.
- aimará usa "horn" (chifre) sobre P, T, K, Q, Ch
- catalán usa grave, agudo, cedilla e diérese.
- checo usa agudo, caron e anel.
- francés usa grave, agudo, circunflexo, cedilla e diérese.
- italiano usa agudo e grave.
- portugués usa agudo, grave, circunflexo, til, cedilla e trema (no Brasil).
- neerlandés usa o trema. Por exemplo en ruïne el indica que o u e o i son separadamente pronunciados das súas formas normais, Entón el funciona con sinal de separación e non como unha indicación dunha versión alternativa do i. Os diacríticos poden usarse pará dar énfase (érg koud para moito frío) ou para desambiguación entre os numeral un e o artigo un (één appel, unha [numeral] mazá; een appel, unha [artigo] mazá). Os acentos grave e agudo usanse por un pequeno número de palabras, a maioría palabras emprestadas doutros idiomas.
- No estoniano carons no š ou ž poden aparecer só en nomes propios estranxeiros e en palabras emprestadas doutros idiomas, mais poden ser tamén substituídas por sh ou zh nalgúns textos. O apóstrofo pode usarse na declinación dalgúns nomes estranxeiros para separar a raíz de calquera declinación final; Por exemplo, Monet' ou Monet'se para os casos xenitivo e ilativo, respectivamente, para o famoso pintor Monet.
- Na análise das linguas que usan o alfabeto Latino, pódese observar:
As vogais son as letras máis suxeitas a diacríticos no conxunto dos idiomas;
As consoantes B, F, M, V, X non presentan diacríticos en ningunha lingua.
As consoantes W en galés, H en maltés, J en esperanto, e P e Q en aimará presentan diacríticos específicos.
A letra G presenta, considerando diversos idiomas, 6 tipos diferentes de diacríticos; N e S presentan, cada, 5 tipos; 4 son os diacríticos para o L;
C, S, Z presentan diacríticos en gran cantidade de idiomas.
Hai menos usos de diacríticos para D, T, R, K;
Desafíos na informática [editar]
A chegada da informática e a ampla distribución de textos codificados en computador entre varias culturas trouxo o desafío da representación dixital dos sinais diacríticos. Un dos resultados é o problema coñecido como Mojibake, creado (entre outras situacións) cando non hai suficiente coherencia entre os métodos de codificación de diacríticos empregados nun conxunto de programas de computador.
A popularización da World Wide Web aumentou moito a demanda da correcta representación de sinais diacríticos entre computadores das máis variadas nacionalidades. Por ese motivo a linguaxe HTML, moi usada para textos na WWW, inclúe un conxunto bastante completo de códigos estandarizados para representación de diacríticos. Vexa tamén: Unicode.