Punto (diacrítico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ȧ ȧ
Ċ ċ
Ė ė
Ġ ġ
İ ı
Ȯ ȯ
Ż ż

O punto é un diacrítico que pode ser combinado con algunhas letras do alfabeto latino estendido usado en varias linguas europeas e en vietnamita.

Punto superior [editar]

O punto superior é usado en:

  • Romanización do árabe: o ġ representa a letra ghayin.
  • Na tipografía tradicional irlandesa, onde o punto representa lenición e é chamado ponc séimhithe ("punto de lenición"): 'ḃ ċ ḋ ḟ ġ ṁ ṗ ṡ ṫ'. A lenición tamén pode ser representada por un h que siga á letra, por exemplo: bh ch dh fh gh mh ph st th. Na ortografía do irlandés antigo, o punto só foi usado para f. s., mentres que o h seguindo á letra foi usado para ch ph th; a lenición doutras letras non estaba indicada. A práctica estándar foi usa-lo punto superior para a escritura gaélica e o h seguindo á letra para escribir en Antiqua. Por exemplo, ċ e ch representan o mesmo elemento fonético en irlandés moderno.
  • Lituano: ė
  • Maltés: ċ ġ ż
  • Polaco: ż
  • O punto sobre as minúsculas i e j (e a maiúscula İ en turco) non está considerado un diacrítico independente, senón parte da letra.