Caron
O caron ( ˇ ) ou háček (pronunciado [haːʧɛk]), é un sinal diacrítico colocado sobre certas letras para indicar palatalización ou “suavización” histórica ou actual na ortografía das linguas bálticas e dalgunhas linguas eslavas, en canto que algunhas linguas ugrofinesas utilízano para indicar as fricativas post-alveolares (sh, zh, ch).
É parecido co breve, mais ten unha punta aguda, como o circunflexo ( ^ ), en canto que no caso do breve está arredondeado.
Compare Ǎ ǎ Ě ě Ǐ ǐ Ǒ ǒ Ǔ ǔ (caron) con Ă ă Ĕ ĕ Ĭ ĭ Ŏ ŏ Ŭ ŭ (breve).
O termo caron úsase nos nomes oficiais dos caracteres Unicode. A palabra háček significa "ganchiño" en checo. En eslovaco chámase mäkčeň ("amaciante" ou "sinal de palatalización, en esloveno strešica ("teito", "tellado"), en croata e serbio kvaka ou kvačica (tamén "ganchiño"), en estoniano katus ("teito", "tellado") e nalgunhas linguas ugrofinesas, excepto o estoniano, hattu ("chapeu").
Uso [editar]
O uso do caron (e do acento agudo) para caracteres latinos foi introducido na lingua checa no século XV por Jan Hus no seu De Ortographia Bohemica (1412). Actualmente o caron úsase no eslovaco, esloveno, croata, bosníaco, alén de serbio e macedonio, en textos transliterados do cirílico oficial para a forma romanizada; tamén no sorbio da Alta e Baixa Lusacia, lituano, letón e bielorruso (novamente, cando son transliterados da escrita cirílica oficial).