Alexei Nikolaevich Romanov
| Alexei Nikolaevich Romanov | |
|---|---|
| Súa Alteza Imperial, Tsarévich e Gran Duque da Rusia | |
O tsarévich Alexei |
|
| Nacemento | 12 de agosto de 1904 Tsarskoie Selo, |
| Falecemento | 17 de xullo de 1918 Casa Ipatiev, Ekaterimburgo, |
| Sepultura | 17 de xullo de 1998, na Catedral de San Pedro e San Paulo, San Petersburgo, |
| Casa Real | Romanov |
| Pai | Nicolao II de Rusia |
| Nai | Alexandra Fiodorovna Romanova |
![]() |
|
Alexei Nikolaevich Romanov (en ruso: Алексе́й Никола́евич Ромáнов), nado o 12 de agosto de 1904 e finado en Ekaterinburgo o 17 de xullo de 1918, foi o derradeiro tsarévich de Rusia. Foi o quinto fillo e único home nado do matrimonio ente o tsar Nicolao II de Rusia e Alexandra Fiodorovna. O seu título oficial era Súa Alteza Imperial, Tsarévich e Gran Duque da Rusia. Alexei Romanov é santo da Igrexa Ortodoxa Rusa como San Alexei portador da Paixón.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi bisneto por liña materna da raíña Vitoria. Aínda existen especulacións sobre se o tsarévich sufría ou non de hemofilia ou porfiria, unha enfermidade herdada de Xurxo III que provoca desorde no sangue, similar á hemofilia, aínda que as evidencias doutros descendentes da raíña Vitoria afectados, conduciron a pensar que a porfiria foi a enfermidade que padeceu e que propiciou algúns cambios na historia europea, dado que a súa nai intentou evitar os seus padecemento mediante consultas a Rasputín, que se converteu no principal curandeiro do tsarévich, e que fixo valer esta situación para as súas posteriores influencias. A causa desta enfermidade, cada vez que tiña un accidente ou golpe, o acontecemento convertíase nun calvario para os seus pais.
Foi o herdeiro ó trono desde o seu nacemento en 1904 ata 1917. En marzo dese ano, ao producirse a Revolución Rusa, o seu pai abdicou no seu favor, pero retractouse e renunciou en favor do seu irmán Miguel, posto que a Alexei no lle daban máis de seis anos de vida debido a súa enfermidade. En agosto de 1917, foi exiliado cos seus pais e irmás a Tobolsk, Siberia, e en primavera do ano seguinte a Ekaterinburgo, onde todos foron asasinados polos bolxeviques na madrugada do 17 de xullo de 1918. Tras ser descuberto con vida, foi rematado dun disparo na cabeza polo executor do seu pai, Iakov Iurovski.
Descuberta dos restos e identificación [editar]
O 23 de agosto de 2007, un arqueólogo ruso anunciou o descubrimento de dous corpos queimados parcialmente nunha fogueira ás aforas de Ekaterimburgo que coincide co lugar descrito por Iurovski nas súas memorias. Os arqueólogos dixeron que os restos son dun neno que tiña entre 10 e 13 anos no tempo da súa morte e dunha rapariga que tiña entre 18 e 23 anos. Anastasia tiña 17 anos no momento do asasinato, mentres que María tiña 19. Alexei, estaba a dúas semanas do seu 14 aniversario. As irmás maiores de Alexei, Olga e Tatiana tiñan entre 21 e 22 anos no momento da súa morte. Ademais, atopáronse onda os corpos, recipientes de ácido e balas de diferente calibre. Os corpos foron atopados empregando detectores de metal. Tamén se atopou un material raiado, azul e branco, que se cre que pertencía a camiseta que frecuentemente levaba Alexei.
Canonización [editar]
No ano 2000 a familia Romanov foi canonizada como portadores da Paixón e nomeados mártires pola Igrexa Ortodoxa Rusa.
