Dagmar de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Dagmar feito polo pintor ruso Ivan Nikolaevich Kramskoi.

Dagmar de Dinamarca, nada no Palacio Amarelo de Copenhaguen o 26 de novembro de 1847 e finada en Hvidøre o 13 de outubro de 1928, foi emperatriz consorte de Rusia.

Traxectoria [editar]

Era a segunda filla do rei Cristian IX de Dinamarca e Luísa de Hesse. Casou co emperador Alexandre III de Rusia o 9 de novembro de 1866 e tras converterse á fe ortodoxa adoptou o nome de Maria Feodorovna. Apenas interviu en política, agás polo seu sentimento antialemán que proviña do conflito que enfrontaba a Prusia con Dinamarca polos ducados de Schleswig e Holstein, a súa vida pública orientouse ás obras benéficas e sobre todo á súa familia. Despois da Revolución Rusa negouse a deixar Rusia, tan só en 1919 a instancias da súa irmá Alexandra, muller de Xurxo V do Reino Unido, aceptou marchar ao exilio vía Crimea no navío de guerra británico, HMS Marlborough. Estableceuse en Dinamarca na vila de Hvidøre, proxima a Copenhaguen

Con Alexandre III tivo seis fillos: