Alexandre Mikhailovich de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Duque Alexandre Mikhailovich

Nacemento13 de abril de 1866
Tbilisi, Xeorxia
Falecemento26 de febreiro de 1933 (91 anos)
Roquebrune, Francia
ConsorteXenia Aleksandrovna de Rusia
DescendenciaIrina Aleksandrovna
Andrei Aleksandrovich
Feodor Aleksandrovich
Nikita Aleksandrovich
Dmitri Aleksandrovich
Rostislav Aleksandrovich
Vasili Aleksandrovich
ProxenitoresMiguel Nikolaevich de Rusia
Princesa Cecilia de Baden

Na rede
WikiTree: Романов-7 Find a Grave: 43889146 Editar o valor em Wikidata

Alexandre Mikhailovich de Rusia (en ruso: Александр Михайлович), nado en Tbilisi, Xeorxia o 13 de abril de 1866 e finado en Roquebrune, Francia o 26 de febreiro de 1933, foi Gran Duque de Rusia co grao de alteza imperial, esposo de Xenia Aleksandrovna de Rusia, irmá de Nicolao II de Rusia, almirante da frota rusa, explorador e conselleiro do emperador.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Alexandre foi o Gran Duque Miguel Nikolaevich de Rusia, o fillo máis novo de Nicolao I de Rusia, e a nai foi a Gran Duquesa Olga Fiodorovna de Baden polo que Alexandre era bisneto do rei Gustavo IV Adolfo de Suecia, o último dos monarcas suecos en reinar sobre Finlandia.

Fotografía de Alexandre en 1903

Nado en Tbilisi, graduouse da academia naval en 1885 e de 1886 a 1891 como oficial naval realizou a bordo da corveta Rinda unha viaxe na que entre outros sitios visitou o Xapón e o Brasil. En 1893 viaxou cara América do Norte na fragata Dimitri Donskoi. Casou en 1894 coa filla do seu curmán, o emperador, e polo tanto foi cuñado deste e tamén foi un dos seus conselleiros. Durante a Guerra ruso-xaponesa (1904-1905) mandou os destrutores da frota do Báltico. En 1909 ascendeu a vicealmirante. Foi un dos iniciadores da aviación militar rusa, fundou a escola de aviación de Sebastopol e en 1910 foi nomeado xefe da recentemente creada Forza Aérea Imperial Rusa.

El e a súa familia, xunto coa emperatriz viúva Dagmar de Dinamarca refuxiáronse en Crimea tras a revolución rusa de 1917 e conseguiron escapar a bordo do navío de guerra británico HMS Marlborough. No exilio viviu en Dinamarca, onde se separou da súa dona, e Francia, onde escribiu as súas memorias.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Alexandre coa súa familia

Alexandre tivo coa súa dona Xenia sete fillos: