Alexandra Fiodorovna Romanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexandra Fiodorovna Romanova.

Alexandra Fiodorovna Romanova (en ruso: Александра Фёдоровна Романова, Aleksandra Fyodorovna Romanova, nada en Darmstadt o 6 de xuño de 1872 e finada en Ekaterinburgo o 17 de xullo de 1918, foi a emperatriz consorte de Rusia e dona de Nicolao II, o derradeiro tsar de Rusia. No ano 2000 foi nomeada Santa Alexandra Portadora da Paixón.

Índice

Biografía[editar]

Infancia e mocidade[editar]

Naceu no Palacio Novo co nome de Princesa Vitoria Alix Helena Luise Beatrice de Hesse e do Rhin (Alix von Hessen und bei Rhein), un Gran Ducado que por aquel entón formaba parte do Imperio Alemán. Foi a sexta dos sete fillos do Gran Duque Luís IV de Hesse e da Princesa Alice do Reino Unido (segunda filla da raíña Vitoria).

Foi bautizada o 1 de xullo de 1872 segundo o rito luterano e recibíu o nome da súa nai e de cada unha das irmás da súa nai, algúns dos cales foron traducidos ó alemán. Os seus padriños foron o príncipe de Gales (Eduardo) o tsarévich de Rusia (Alexandre), tsarevna de Rusia (Dagmar de Dinamarca), a princesa Beatriz do Reino Unido, a duquesa de Cambridge e Ana de Prusia.

Matrimonio[editar]

Nicolao II, co uniforme de hussar, e a princesa Alix de Hesse en 1894.

A raíz do noviazgo da súa irmá Isabel Fiódorovna co Gran Duque Sergio Aleksándrovich de Rusia, foi como coñeceu ó futuro Nicolao II, co que estableceu unha sólida relación sentimental que culminou coa súa voda 26 de novembro de 1894, pouco despois da morte do tsar Alexandre III de Rusia. A plebe rusa, opinou que o feito de que a nova emperatriz chegara detrás dun ataúde era un negro presaxio.

Nicolao II referíase a Alix como Sunny. Estableceron a súa residencia en Tsarskoie Selo a 20 km de San Petersburgo.

Emperatriz de Rusia[editar]

Alexandra e o seu fillo Alexei.

Nicolao e Alexandra foron coroados como Emperador e Emperatiz de Rusia o 14 de maio de 1896 en Moscova.

Un ano máis tarde da súa voda con Nicolao, Alexandra alumeou o 15 de novembro de 1895 a unha nena, que recibíu o nome de Olga. A nena non puido ser nomeada herdeira debido ás leis implantadas pólo tsar Paulo I, polas cales só un home podía ser o herdeiro ó trono de Rusia. Tres nenas seguiron a Olga, Tatiana, María e Anastasia. Finalmente o 12 de agosto de 1904, Alexandra tivo a un fillo, Alexei, que foi nomeado herdeiro, pero para desgracias dos seus pais, o neno tiña unha enfermidade incurable, a hemofilia.

No ano 1905 a parella instalouse de xeito definitico no Palacio de Alexandre, en Tsarskoie Selo. Esta decisión foi motivada en gran parte pólo desexo de ocultar ó público a enfermidade do tsarévich Alexei. O xene responsable da enfermidade foi transmitido desde a súa bisavoa, a raíña Vitoria, quen pasou a enfermidade a todas as casas reinantes de Europa.

Os anos seguintes foron escenario de dramáticos eventos e de grande importancia coma a derrota rusa na guerra con Xapón, os motíns estudiantís, a apertura da Duma. Ana Vyroubova, a súa dama de honor, presentou a Grigori Rasputín á familia imperial.

Co estoupido da Primeira Guerra Mundial, Alexandra, e as súas catro fillas, axudaron a curar os feridos da guerra. Mentres a guerra avanzaba, o descontento popular paralizaba o país. Rasputín, que exercera grande influencia na tsarina, co pretexto de poder curar o seu fillo enfermo, foi asasinado o 31 de decembro de 1916, polo príncipe Felix Youssoupov. O réxime tsarista xa estaba preto do seu final.

Prisión e morte[editar]

Santa Alexandra Portadora da Paixón
Venerado en Igrexa Ortodoxa
Canonización 2000
Bosque de Ganina Jama, onde se atoparon os restos da familia imperial.

Tras a Revolución de Febreiro e a abdicación do tsar, Alexandra e a súa familia foron estiveron en Tsarskoie Selo, máis tarde en Tobolsk e finalmente en Ekaterinburgo, Alexandra e a súa falilia foron asasinados con varios servos sen ningún xuízo no soto da Casa Ipatiev o 17 de xullo de 1918, por un grupo de bolxeviques liderados por Iakov Iurovski, e baixo as ordes do Soviet dos Urais, que recibira instrucións desde Moscova para acabar con toda a familia imperial.

Os corpos foron cargados nun camión e agochados nun bosque nas aforas de Ekaterinburgo. Foron colodados nunha mina e máis tarde nun camiño forestal, onde estiveron ata o seu descubrimento no ano 1991.

Títulos[editar]

  • A Súa Grandeza Ducal Princesa Alix de Hesse e do Rhin (1872–1894)
  • A Súa Grandeza Imperial Gran Duquesa Alexandra Fiodorovna de Rusia.
  • A Súa Imperial Maxestade A Emperatriz de Todas as Rusias (1894 – Febreiro 1917) – título perdido tras a abdicación de Nicolao II.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Ligazóns externas[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: