Miguel Aleksandrovich Romanov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Aleksandrovich Romanov
Tsar
Gran Duque de Rusia
MishaNatasha-1.jpg
O Gran Duque Miguel e a súa dona Natalia Cheremetievskaïa
Reinado 15 de marzo - 16 de marzo de 1917
Outros títulos
Cabaleiro da Orde de Toisón de Ouro
Nacemento 22 de novembro de 1878
Tsarskoie Selo, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Falecemento 13 de xuño de 1918
Perm, Flag of Russian SFSR.svg República Socialista Soviética Federativa de Rusia
Predecesor Nicolao II
Sucesor Georgy Lvov
Cónxuxe/s Natalia Cheremetievskaïa
Descendencia Xurxo Mijáilovich Brasov
Casa Real Romanov
Pai Alexandre III de Rusia
Nai Dagmar de Dinamarca

Miguel Aleksandrovich Romanov (en ruso Михаи́л Александрович Рома́нов), nado en San Petersburgo o 22 de novembro de 1878 e finado en Perm o 12 de xuño de 1918. Denominado como tsar tras a abdicación de Nicolao II o 15 de marzo de 1917, Miguel negouse a aceptar o trono ata a ratificación por unha asemblea elixida. Tras verse forzado polos revolucionarios asinou a súa abdicación, sendo desterrado e posteriormente asasinado en 1918, na cidade de Perm.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do tsar Alexandre III e María Fiodoróvna, converteuse en herdeiro ao trono Imperial Ruso (tsarévich) tras a morte do seu irmán Xurxo no 1899, posición que conservou ata o nacemento do seu sobriño Alexei en 1904.

En 1912 casou en Viena con Natalia Sergeievna Cheremetevskaia, filla dun avogado de Moscova, sen autorización do seu irmán o tsar Nicolao II de Rusia, e durante este tempo residiu no exilio en Gran Bretaña, aínda que despois se lle permitiu volver á Rusia. Durante a Primeira Guerra Mundial foi distinguido polo seu valor en combate e foi condecorado.

Marzo de 1917[editar | editar a fonte]

Carta de abdicación de Miguel como tsar

O 2 (15) de marzo de 1917 en Pskov, no salón dun vagón do tren imperial (onde instalarase o Gran Cuartel Xeral naquel momento), despois de penosas meditacións, Nicolao II firmou a acta de abdicación en favor de Miguel. Nicolao II comunicoulle a súa decisión mediante un telegrama:

03 de marzo de 1917

Petrogrado. Súa Maxestade Miguel Segundo. Os últimos acontecementos me forzaron a decidir definitivamente sobre esta etapa extrema. Perdóeme, se o aflixín, non tiven tempo para avisar. Continúo irmán sempre fiel e dedicado. Fervorosamente rezo a Deus para o axude a vostede e a súa terra natal.

Nicky.[2][3]

Un día máis tarde, Miguel, presionado baixo o poder dos revolucionarios firmou a súa abdicación.

Eu ... tomo unha firme decisión neste caso asume o poder supremo, en caso de que sexa a vontade do noso gran pobo, que é o voto popular, a través dos seus representantes na Asemblea Constituínte, establecer a nova forma de goberno e as leis fundamentais do Estado ruso. Polo tanto, pedindo a bendición de Deus, pídolle aos cidadáns do Estado ruso obedecer ao goberno provisional, a iniciativa da Duma do Estado... ata que se convoque sufraxio universal o antes posible, voto directo, igual e secreto da Asemblea na súa decisión sobre a forma na que a xunta expresou a vontade da xente.[4]

Tras isto remata o período tsarista en Rusia, sendo o último monarca da casa dos Romanov

Tras a revolución de outubro[editar | editar a fonte]

Despois da Revolución de Outubro, os bolxeviques desterrárono á cidade de Perm, preto da cal foi asasinado o 10 de xuño de 1918, na compaña do seu amigo e secretario inglés, Brian Johnson. Nunca se atoparon os seus restos. A súa viúva e o seu único fillo, o Príncipe Xurxo Brassov, lograron saír de Rusia e trasladarse a Francia.

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
8. Nicolao I de Rusia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4. Alexandre II de Rusia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Charlotte de Prusia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Alexandre III de Rusia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Luis II, Gran Duque de Hesse
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Marie de Hesse e do Rhin
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. Wilhelmine de Baden
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Gran Duque Miguel Aleksandrovich de Rusia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
12. Friedrich Wilhelm, Duque de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Cristian IX de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
13. Louise Caroline de Hesse-Kassel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Dagmar de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
14. Príncipe Guillerme de Hesse
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Louise de Hesse-Kassel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
15. Princesa Louise Charlotte de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rosemary e Donald Crawford: Michael and Natasha, The Life and Love of the Last Tsar of Russia, Weidenfeld & Nicolson, Londres. 1997
  2. http://rusopedia.rt.com/personalidades/politicos/issue_181.html
  3. 3 марта 1917 г. Петроград. Его Императорскому Величеству Михаилу Второму. События последних дней вынудили меня решиться бесповоротно на этот крайний шаг. Прости меня, если огорчил тебя и что не успел предупредить. Остаюсь навсегда верным и преданным братом. Горячо молю Бога помочь тебе и твоей Родине. Ники. Versión Orixinal en ruso
  4. Отказ «восприять Верховную власть» в.к. Михаила Александровича. 3 марта 1917. 34,4х22,5. …принял я твердое решение в том лишь случае восприять верховную власть, если такова будет воля великого народа нашего, которому надлежит всенародным голосованием, чрез представителей своих в Учредительном Собрании, установить образ правления и новые основные законы Государства Российского. Посему, призывая благословение Божие, прошу всех граждан державы Российской подчиниться Временному правительству, по почину Государственной думы возникшему и облеченному всею полнотою власти, впредь до того, как созванное в возможно кратчайший срок на основе всеобщего, прямого, равного и тайного голосования Учредительное собрание своим решением об образе правления выразит волю народа.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Nicolao II
Coat of Arms of Russian Empire.svg
Tsar de Rusia

15 de marzo de 1917 - 16 de marzo de 1917
Sucesor:
Georgy Lvov (Presidente do Goberno Provisional)