Cristian IX de Dinamarca
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Cristian IX de Dinamarca, nado en Gottorp o 8 de abril de 1818 e finado en Copenhaguen o 29 de xaneiro de 1906, foi un monarca dinamarqués, cuarto fillo home do duque Wilhelm de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Beck e da landgravine Luísa Carolina de Hesse.
Foi rei de Dinamarca de 1863 a 1906. Recibiu os títulos de Rei dos vendos e dos godos, Duque de Schleswig, Conde de Holstein, Storman, Ditmarschen, Lauenborg e Oldenburg, ao ser elixido como rei despois da extinción da máis antiga liña dos Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg, familia que rexera os destinos de Dinamarca por centos de anos. Asumiu o trono tras a morte do rei Federico VII de Dinamarca. Casou en 1842 en Amalienborg coa princesa Luísa de Hesse-Kassel. Foron pais de:
- Federico VIII de Dinamarca.
- Xurxo I de Grecia.
- Alexandra, casada co rei Eduardo VII de Inglaterra.
- Dagmar, casada co emperador Alexandre III de Rusia.
- Thyra, nora do rei Xurxo V de Hannover.
Está enterrado en Roskilde.