República Soviética Federativa Socialista de Rusia
|
|
|||
| Lema: Пролетарии всех стран, соединяйтесь!
("Traballadores do mundo, unídevos!") |
|||
![]() |
|||
| Idioma | Ruso | ||
| Capital | Moscova | ||
| Cidade máis grande | Moscova | ||
| Presidente no momento da independencia | Boris Yeltsin | ||
| Tempo na URSS | Dende o 7 de Novembro de 1917 até o 12 de decembro de 1991. | ||
| Área Total | 17,075,200 km² | ||
| Poboación (est. 1989) | 147,386,000 | ||
| Disolución |
da Unión Soviética | ||
| Moeda | Rublo | ||
| Hora | UTC +2 a +11 | ||
| Himno nacional | A Internacional, Himno da Unión Soviética. | ||
A República Soviética Federativa Socialista de Rusia (Росси́йская Сове́тская Федерати́вная Социалисти́ческая Респу́блика, РСФСР) foi a máis grande e máis poboada das quince Repúblicas soviéticas, e converteuse na Rusia actual trala caída da Unión Soviética.
O estado foi establecido o 7 de novembro de 1917. O 10 de xullo de 1918 a Constitución Soviética de 1918 foi aceptada. Converteuse en parte da Unión Soviética en 1922, feito formalizado máis adiante pola Constitución Soviética de 1924. Na maioría dos idiomas, o termo "Rusia Comunista" é empregado normalmente para o período entre 1917 e 1922. Nos documentos rusos oficiais daquel tempo era chamada República Rusa (Российская республика) e República Soviética (Советская республика).
O país estaba dirixido polo Presidente do Soviet Supremo da RSFS de Rusia (título máis recente). A súa capital era Moscova, tamén capital da Unión Soviética.
Nikita Khrushchev transferiu Crimea da RSFS de Rusia á RSS de Ucraína en 1955.
A RSFS de Rusia deixou de ser parte da URSS o 21 de decembro de 1991, 14 días antes de que a URSS deixase de existir. Tralo colapso da Unión Soviética en 1991, a RSFS de Rusia rexeitou a posibilidade dun sistema socialista e comezou reformas. Foi renomeada como Federación Rusa baixo o liderado do Presidente Boris Yeltsin. Estivo na Comunidade de Estados Independientes (CEI), fundada trala disolución da URSS, practicamente formada por tódalas Repúblicas Soviéticas, excepto Letonia, Lituania, Estonia e Xeorxia (até 1993).
Subdivisións políticas [editar]
Véxase tamén [editar]
|
||||||||
