Tsarévich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tsarévich,[1] (en ruso: Царевич), é un termo eslavo para referirse ó fillo do tsar. O título de tsarévich era só utilizado para referirse ó herdeiro ó trono, o resto dos fillos do tsar tiñan o título de Gran Príncipe.

O último tsarévich de Rusia foi Aleksei Nikolaevich Romanov, fillo de Nicolao II de Rusia, nado en 1904 e asasinado en 1918 xunto ó resto da súa familia na casa Ipatiev de Ekaterinburgo durante a Revolución rusa.

En tempos anteriores, o título tamén se empregaba para os descendentes dos khanes (tsares) de Kazán, Kasimov, e Siberia logo de que estes fosen anexionados por Rusia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Tsarévich.