Airbus A400M
| Airbus A400M | |
|---|---|
| O segundo prototipo do A400M | |
| Tipo | transporte militar |
| Fabricante | Airbus Military |
| Primeiro voo | 10 de decembro do 2009 |
O Airbus A400M é un avión de transporte militar de longo alcance e avión cisterna propulsado por catro motores turbohélice, deseñado pola corporación europea Airbus Military para cubrir as necesidades de transporte aéreo dos países europeos. Foi encargado por dez países para reemplazar a varios modelos máis antigos, principalmente o Lockheed C-130 Hercules e o Transall C-160.[1]
Índice |
[editar] Historia
O proxecto comezou co grupo para o Futuro Transporte Aéreo Militar Internacional (FIMA - Future International Military Airlifter), establecido en 1982 por Aerospatiale, British Aerospace, Lockheed e MBB para o desenrolo do sustituto do C-130 Hercules e Transall C-160. A variación de requerementos e as complicacións da política internacional causaron un lento progreso. Lockheed abandonou o grupo en 1989, e empezou o desenrolo da segunda xeración do Hércules. Cando se uniron Alenia e CASA o grupo pasou a chamarse Euroflag.
Os requerementos iniciais das nacions participantes, Francia, Alemaña, Italia, España, Reino Unido, Turquía, Bélxica e Luxemburgo eran de 212 aeronaves. Coa marcha atrás de Italia e a revisión dos pedidos, os requerementos pasaron a ser de 180 aviones, co primeiro vó en 2008 e a primeira entrega en 2009. O 28 de abril de 2005 Sudáfrica uníuse como membro do programa, abandonando o mesmo en novembro de 2009 alegando un sobre coste de mais de 3500 millóns de euros do previsto.
O Airbus A400M desenrolouse principalmente como sustituto dos C-130 e C-160, que actualmente son as principais aeronaves de carga dos países membros do grupo. Cando se complete o A400M será o primeiro Airbus construído cun propósito únicamente militar.
O 26 de xuño de 2008 tivo lugar en Sevilla a cerimonia de presentación mundial do primeiro A400M rematado. A cerimonia, tradicionalmente coñecida como 'roll-out' no sector aeronáutico, estivo presidida polo Rei Juan Carlos I de España,
Logo de tres anos de retraso, o primeiro vó do A400M foi realizado o 11 de decembro de 2009, despegando ás 10:15 pilotado por un español, Ignacio Lombo, e un británico, Edward Strongman, acompañados de 4 enxeñeiros franceses.
[editar] Notas
- ↑ Hewson, R. The Vital Guide to Military Aircraft 2nd edition. Airlife Press, Ltd. 2001.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Página del A400M na web oficial de EADS.
- Página oficial Airbus Military
- Os proveedores do programa A400M (airframer.com)
- Colección de artígos, fotografías e vídeos do roll-out do A400M (aergenium - blog aeronáutico andaluz)
|
|||||||||||