Transall C-160
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Transall C-160 | |
|---|---|
| Tipo | transporte |
| Fabricante | Transall |
| Primeiro voo | 25 de febreiro de 1963 |
| Principais usuarios | Luftwaffe, Forza Aérea Francesa, Forza Aérea Surafricana |
| Produción | 1965 - 1985 |
| Construídos | 214 |
O Transall C-160 é un avión de transporte militar desenvolvido por un consorcio de fabricantes alemáns e franceses para as forzas aéreas deses dous países e Sudáfrica. O C-160 será reemprazado en Francia e Alemaña polo Airbus A400M, que está a ser desenvolvido na actualidade.