EADS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oficinas de EADS en Taufkirchen, Alemaña.

A European Aeronautic Defence and Space Company N.V. (EADS) é un grupo aerospacial e de defensa europeo. Entre as empresas participantes está Airbus dedicada á produción de avións comerciais e Airbus Military que manufactura avións militares. Eurocopter, o principal subministrador mundial de helicópteros; Astrium, líder europeo en programas espaciais desde o Ariane ata o Galileo; e Cassidian que produce sistemas de seguridade e defensa.

EADS formouse o 10 de xullo de 2000 coa unión de Aérospatiale-Matra de Francia, DaimlerChrysler Aerospace AG (DASA) de Alemaña e Construcciones Aeronáuticas SA (CASA) de España operando baixo a lexislación neerlandesa con sede social en Leiden[1]. EADS é o socio principal no consorcio Eurofighter e ten un papel prominente no provedor de sistemas de mísiles MBDA. No ano 2009, EADS tivo uns ingresos de 42.820 millóns de euros, empregando a 119,500 traballadores.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]