Turbohélice
Un turbohélice (en inglés: turboprop) é un tipo de turbina a gas. É un motor a rección mixto, xa que basicamente é un reactor que acciona unha hélice. Entre o eixe da turbina e a hélice hai un redutor de velocidade. A forza impulsora deste motor é producida nun 90% pola hélice e nun 10% polos gases de escape.
Os motores turbohélice adoitan a usarse en pequenos avións subsónicos, pero algunhas aeronaves que os utilizan teñen velocidades de cruceiro que sobrepasan os 926 km/h. Grandes avións civis e militares, como o Lockheed L-188 Electra e o Tupolev Tu-95, usarron tamén turbohélices. O Airbus A400M está impulsado por catro motores Europrop TP400, que son os terceiros turbohélices máis potentes fabricados, despois dos Kuznetsov NK-12 e os Progress D-27.