Agamenón
Nome orixinal | (grc) Αγαμέμνονας |
---|---|
Biografía | |
Lugar de sepultura | Tomb of Agamemnon with statue at Amyklai (en) |
King of Mycenae (en) | |
Actividade | |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra de Troia |
Celebración | Mitoloxía grega |
Familia | |
Cónxuxe | Clitemnestra |
Parella | Criseida Briseis Casandra |
Fillos | Orestes () Clitemnestra Teledamus () Casandra Chryses () Criseida Pelops () Casandra Halaesus () Briseis Ifianasa () Clitemnestra Electra () Clitemnestra Laódice () Clitemnestra Ifixenia () Clitemnestra Crisótemis () Clitemnestra Hyperion () |
Pais | Atreo e Aérope |
Irmáns | Menelao Anaxíbia Astyoche |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Agamenón é un personaxe da mitoloxía grega. Foi o rei de Argos e Micenas.
Lenda
[editar | editar a fonte]Agamenón era fillo de Atreo e Aérope, e irmán de Menelao. Cando Tiestes matou a Atreo e se fixo co trono de Argos, Agamenón e Menelao buscaron refuxio con Tíndaro, rei de Esparta, casou coa súa filla Clitemnestra, da que tivo 3 fillas -Ifixenia, Electra e Crisótemis- e un fillo -Orestes-. Agamenón reconquistou o reino do seu pai coa axuda do seu irmán Menelao, xa rei de Esparta.
Na guerra de Troia, Agamenón foi o xefe supremo dos gregos. Ao chegar a Aulis, Beocia, os ventos pararon e non pode seguir a expedición por Agamenón ofender á deusa Artemisa. O adiviño Calcante anuncia que a deusa só se calmará co sacrificio de Ifixenia, Agamenón concorda e sacrifica a súa propia filla.
Durante a guerra Agamenón tomou como cativa a Briseida, pertencente a Aquiles, o que levou a este a se afastar da loita por algún tempo. Despois da captura de Troia toma a Casandra, a filla de Príamo, que predí que de regresar á súa terra matarano; malia iso, regresa cos dous xemelgos que tivera con ela. Xa en Argos, Clitemnestra ofrece ao seu home unha gran recepción, logo na noite, coa axuda de Existo, o seu amante, asasina a Agamenón, Casandra e os fillos de ámbolos dous. Orestes, o seu fillo, vingou a súa morte anos despois, matando á súa propia nai e a Existo.
Agamenón é o protagonista de numerosas traxedias, antigas e modernas, a máis famosa foi a Orestíada de Esquilo. Nas lendas do Peloponeso, Agamenón era considerado o prototipo de monarca poderoso, e en Esparta tiña culto baixo o título de Zeus Agamenón.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agamenón |