Nucleósido

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Un nucleósido é base nitroxenada (pode ser unha pirimidina ou unha purina) unida por un enlace covalente (enlace N´-glucósidico entre o carbono 1 da pentosa e o nitróxeno ) na base púrica e o 1 na base pirimidínica) a un azucre de 5 átomos (pentosa) de carbono, ribosa ou desoxirribosa.

Exemplos de nucleósidos son a citidina, uridina, adenosina, guanosina, timidina e a inosina.

Os nucleósidos poden combinarse cun grupo fosfórico (ácido fosfórico: H3PO4)mediante determinadas quinasas da célula, producindo nucleótidos, que son os compoñentes moleculares básicos do ADN e o ARN.

Os nucleósidos poden ser de dous tipos, dependendo da pentosa que conteñan:

  • Ribonucleósidos: a pentosa é a ribosa
  • Desoxirribonucleósidos: a pentosa é a 2-desoxirribosa
Ferramentas persoais