Desoxicitidina difosfato
A desoxicitidina difosfato ou difosfato de desoxicitidina, abreviado como dCDP, é un nucleótido formado polo nucleósido desoxicitidina esterificado cun grupo de dous fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada citosina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de dous fosfatos esterificado no carbono 5', os cales están unidos entre si por enlace anhidro.
A dCDP, como en xeral todos os desoxirribonucleótidos difosfato (menos o dTDP), fórmase a partir do ribonucleótido correspondente, neste caso CDP, cuxa ribosa é reducida en posición 2' a desoxirribosa pola ribonucleótido redutase. Nesta reacción intervén a proteína transportadora de hidróxeno tiorredoxina[1].
O dCDP pode fosforilarse nunha reacción co ATP para dar dCTP, catalizada por unha quinase.
Notas [editar]
- ↑ Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. Páxina 633. ISBN 84-282-0738-0
|
|||||||||||||||||||||||||||||