Desoxicitidina monofosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Monofosfato de desoxicitidina")
Desoxicitidina monofosfato
Identificadores
Número CAS 1032-65-1
PubChem 624
ChemSpider 13343
MeSH Deoxycytidine+monophosphate
ChEBI CHEBI:15918
ChEMBL CHEMBL374699
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C9H14N3O7P
Masa molecular 307,197 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Referencias

A desoxicitidina monofosfato, tamén chamada monofosfato de desoxicitidina ou ácido 5'-desoxicitidílico (ou desoxicitidilato), abreviada como dCMP, é un nucleótido que forma parte do ADN formado polo nucleósido desoxicitidina esterificado cun fosfato. A molécula consta do azucre desoxirribosa enlazado á base nitroxenada citosina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo fosfato esterificado no carbono 5' do azucre[1].

A función do dCMP na célula é a de ser un dos nucleótidos que forma parte do ADN, xunto con dAMP, dGMP e dTMP. Os nucleótidos chegan á zona de replicación do ADN como nucleótidos trifosfato, neste caso dCTP, perden dous fosfatos en forma de pirofosfato, e enlázanse á cadea de ADN en formación como nucleótidos monofosfato, neste caso dCMP.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. Páxina 798. ISBN 84-282-0738-0