Citidín monofosfato
O citidín monofosfato, tamén chamado monofosfato de citidina ou ácido 5'-citidílico, abreviado como CMP, é un nucleótido que forma parte do ARN.[1] É un éster fosfórico do nucleósido citidina. Está formado por un azucre ribosa, que leva unida a base nitroxenada citosina enlazada por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1' da base, e un grupo fosfato esterificado no carbono 5' da ribosa. Cando está desprotonada denomínase citidilato e como substituínte desígnase co prefixo citidil-.
Metabolismo [editar]
A principal función do CMP é a de ser un dos catro nucleótidos constituíntes do ARN, xunto co UMP, GMP e AMP. Chega ao lugar da transcrición do ARN en forma de CTP, pero alí este perde dous fosfatos en forma de pirofosfato e únese ao ARN en forma de CMP.
O CMP pode ser fosforilado a CDP polo encima CMP quinase, utilizando ATP ou GTP como doantes do grupo fosfato.
Como o CTP se xera por aminación do UTP,e o CTP orixina CMP, a principal fonte de CMP é a degradación do ARN.
O CMP utilízase como doante de azucres como os ácidos siálicos (na forma CMP-azucre) na síntese de glicoproteínas.[2].
Notas [editar]
- ↑ Pascal JM (February 2008). "DNA and RNA ligases: structural variations and shared mechanisms". Curr. Opin. Struct. Biol. 18 (1): 96–105. DOI:10.1016/j.sbi.2007.12.008. PMID 18262407. http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0959-440X(07)00208-4.
- ↑ Textbook of Biochemistry and Human Biology [1]
|
|||||||||||||||||||||||||||||