Desoxiuridina monofosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Monofosfato de desoxiuridina")
Desoxiuridina monofosfato.

A desoxiuridina monofosfato ou monofosfato de desoxiuridina, abreviado como dUMP, é un nucleótido que non forma parte dos ácidos nucleicos e que ten como misión intervir na biosíntese de nucleótidos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazado coa base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un fosfato esterificado no carbono 5'.

Os nucleótidos con uracilo teñen normalmente ribosa, polo que son ribonucleótidos, e o UMP é o nucleótido distintivo do ARN. Non obstante, o dUMP, aínda que pouco común, existe tamén na célula e a súa misión é intervir como intermediario da síntese do desoxirribonucleótido dTMP (ás veces chamado TMP). Tamén existe na mesma ruta metabólica o dUDP. As reaccións nas que están implicados son as seguintes[1]:

UDP + tiorredoxina reducida dUDP + tiorredoxina oxidada + H2O
dUDP + H2O dUMP + Pi
  • O dUMP intervén agora na síntese do dTMP por metilación do seu uracilo por intermediación do N5N10-metilentetrahidrofolato en reacción catalizada pola timidilato sintetase.
dUMP + N5N10-metilentetrahidrofolato dTMP + dihidrofolato


Notas [editar]

  1. Lehninger A. Principios de bioquímica. (1988). Omega. Páxina 633. ISBN 84-282-0738-0

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]