Adenina

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Estrutura química da adenina
Estrutura química da adenina

A adenina é unha das cinco bases nitroxenadas que forman parte dos ácidos nucleicos (ADN e ARN) e no código xenético represéntase coa letra A. As outras catro bases son a guanina, a citosina, a timina e o uracilo. No ADN a adenina sempre se emparella coa timina.

Forma os nucleósidos adenosina (Ado) e desoxiadenosina (dAdo), e os nucleótidos adenilato (AMP) e desoxiadenilato (dAMP).

Na bibliografía antiga, a adenina foi algunha vez chamada vitamina B4; sen embargo, hoxe non se considera unha verdadeira vitamina. A súa fórmula é C5H5N5. É un derivado da purina (é unha base púrica) na que un hidróxeno foi substituído por un grupo amino (NH2):

Ó igual que a guanina, a citosina, a timina e o uracilo (todas bases nitroxenadas), forma parte dos nucleótidos que constitúen as longas cadeas de ácidos nucleicos; cada nucleótido está formado por un grupo fosfato, un azucre de cinco carbonos (ribosa ou desoxirribosa) e unha destas bases. Na estrutura de dobre hélice en forma de 'escalera retorta' que presenta o ácido desoxirribonucleico (ADN), cada base acóplase con outra base específica, formando os traveseiros da escaleira. A unión destas bases prodúcese por afinidade química, de forma que no ADN, a adenina sempre se une á timina. Nas secuencias de nucleótidos, a adenina represéntase pola letra A.

Tamén forma parte da molécula de trifosfato de adenosina, que constitúe a fonte principal de enerxía a nivel celular, e está presente en moitas substancias naturais como a remolacha, o té e os ouriños.

A adenina, xunto coa timina, foi descuberta en 1885 polo bioquímico alemán Albrecht Kossel.


v  d  e
Principais familias bioquímicas
Ácidos nucleicos | Alcaloides | Aminoácidos | Carbohidratos | Carotenoides | Cofactores enzimáticos | Esteroides | Flavonoides | Glicósidos | Lípidos | Péptidos | Policétidos | Tetrapirroles | Terpenos
Análogos de ácids nucleicos: Tipos de Ácidos nucleicos Análogos de ácids nucleicos :
Bases Nitroxenadas: Adenina | Timina | Uracilo | Guanina | Citosina | Purina | Pirimidina
Nucleósidos: Adenosina | Uridina | Guanosina | Citidina | Desoxiadenosina | Timidina | Desoxiguanosina | Desoxicitidina
Nucleótidos: AMP | UMP | GMP | CMP | ADP | UDP | GDP | CDP | ATP | UTP | GTP | CTP | AMPc | GMPc | ADPRc
Desoxinucleótidos: dAMP | TMP | dGMP | dCMP | dADP | TDP | dGDP | dCDP | dATP | TTP | dGTP | dCTP
Ácidos ribobonucleicos: ARNm | ARNt | ARNr | ARNn | ARNnc | ARNmi
Ácidos desoxiribonucleicos: ADMmt | ADNc
Análogos de àcidos nucleicos: AGN | APN | ATN | Morfolí | ARNin
Secuencias: Plasmidio | Cósmido | CAB | CAH | Cromosoma | Oligonucleótido
Ferramentas persoais