Citidina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Desoxicitidina")
Estrutura química da citidina.
Estrutura química da desoxicitidina.

A citidina é un nucleósido formado pola unión da base nitroxenada pirimidínica citosina coa ribosa (ribofuranose) por enlace β-N1-glicosídico. Cando a citidina se une a un fosfato na posición 5' orixina o nucleótido CMP, que é compoñente do ARN.

Se a citosina se une á 2-desoxirribosa en lugar de á ribosa, orixina o nucleósido desoxicitidina. Cando a desoxicitidina se une a un fosfato en posición 5' orixina o nucleótido dCMP, que é compoñente do ADN.

Fontes de citidina na dieta [editar]

Abunda a citidina en alimentos cun alto contido en ARN,[1] como a carne de órganos (fígado), ou o lévedo de panadaría, e tamén nos alimentos ricos en pirimidinas, como a cervexa. Durante a dixestión, estes alimentos liberan ribosil pirimidinas (citidina e uridina), que se absorben intactas.[1] Nos humanos, a citidina da dieta convértese en uridina, [2] a cal é probablemente o composto que está detrás dos efectos metabólicos da citidina.

Notas [editar]