Guanosín difosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Difosfato de guanosina»)
Guanosín difosfato
Identificadores
Número CAS 146-91-8
PubChem 730
ChemSpider 8630
ChEBI CHEBI:17552
ChEMBL CHEMBL384759
Ligando IUPHAR 2410
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H15N5O11P2
Masa molecular 443,200522

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O guanosín difosfato ou difosfato de guanosina, abreviadamente GDP, é un nucleósido difosfato formado polo azucre ribosa, a base nitroxenada guanina e dous grupos fosfato en forma de pirofosfato. A ribosa e a base están unidas por enlace N-glicosídico entre os carbonos 1' da ribosa e o nitróxeno 9 da guanina, formando o nucleósido guanosina. A guanosina esterifícase no carbono 5' con dous fosfatos, foarmando o nucleótido.

O GDP é o produto da desfosforilación do guanosín trifosfato (GTP), que poden realizar as proteínas GTPases, como as proteínas G que interveñen na transdución de sinais na célula.

O GDP convértese en GTP nas reaccións catalizadas polos encimas succinil-CoA sintetase do ciclo do ácido cítrico (transforma succinil-CoA en succinato) e fosfoenolpiruvato carboxiquinase (reacción anaplerótica na que o fosfoenolpiruvato se converte en oxalacetato).

Na síntese de celulosa os residuos de glicosa van unidos a nucleótidos difosfato, que varían segundo as especies. Algunhas especies usan a GDP-glicosa [1]. No metabolismo da fucosa interveñen a GDP-manosa e a GDP-fucosa [2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. Páxinas 668-669
  2. Daniel J. Becker; John B. Lowe (2003). "Fucose: biosynthesis and biological function in mammals". Glycobiology 13 (7): 41R–53R. PMID 12651883. doi:10.1093/glycob/cwg054. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]