Bandeira de Åland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Aland
Bandeira de Aland
Uso
FIAV 110110.svgFIAV normal.png
Proporción 17:26
Adopción 3 de abril de 1954
Cores      Amarelo

     Azul      Vermello

Bandeira das Illas Åland xunto a bandeira de Finlandia

A bandeira das Illas Åland componse dun fondo azul sobre o cal se superpón unha dobre cruz escandinava en amarelo ouro e vermello. Esta bandeira xorde dunha fusión entre as bandeiras de Suecia e a primitiva bandeira de Finlandia. A bandeira está deseñada por franxas horizontais en razón 16:3:4:3:26 e verticais en 12:3:4:3:12.

Historia[editar | editar a fonte]

FIAV historical.svgBandeira non-oficial das Illas Åland (1921-1954)
FIAV proposal.pngProposta "finlandesa" de bandeira

O territorio das illas Åland foi unha antiga provincia de Suecia ata 1809 cando foi incorporada á Finlandia baixo dominación de Rusia. Coa independencia de Finlandia en 1917, os nativos aproveitaron a situación para tratar de reincoprosarse a Suecia, con todo, esta idea foi rexeitada pola Liga das Nacións que adxudicou o territorio aos fineses, pero baixo un maior grao de autonomía, en 1921.

Nesta época, xorde a primeira idea dunha bandeira que representase aos nativos das Illas Åland. En 1922 xorde unha bandeira bicolor non oficial con tres bandas horizontais, de cor amarela a central e as restantes en azul, baseados na bandeira de Suecia e no escudo da provincia.

Recentemente na década de 1950, propúxose a idea dunha bandeira oficial, abríndose un concurso. Os motivos favoritos eran a cruz Escandinava e as cores da insignia anterior. A primeira proposta elixida (campo azul e dobre cruz escandinava en amarelo e azul central) provocou o rexeitamento gobernamental debido á súa extrema semellanza á bandeira sueca. Outras ideas xurdidas foron a tribanda de 1921 e unha semellante á bandeira de Finlandia cunha cruz central amarela.

Finalmente, a elixida foi a proposta dunha cruz escandinava de cor amarela e vermello (cores do escudo de armas de Finlandia) sobre un campo azul como o pavillón de Suecia, mesturando en forma harmónica a ambos os dous países como signo de unión. Esta bandeira foi izada por primeira vez o 3 de abril de 1954 na cidade de Mariehamn.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lilkestrom, Lars-Øyvind; Tudeer, Erik Ålands flagga 1994 Mariehamn: Nordens Institut på Åland ISBN 952-90-5534-X

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]