.ax
| Data de creación | 2006 |
|---|---|
| Data de posta en servizo | 2006 |
| Tipo de TLD | ccTLD |
| Estado | Activo |
| Rexistrador | Landskapsregeringen |
| Patrocinador | Landskapsregeringen |
| Uso destinado | Entidades ligadas coas Illas Åland |
| País de orixe | Finlandia |
| Web | Páxina de rexistro |
.ax é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para as Illas Åland, introducido no 2006. Previamente, a maioría das páxinas web de Åland estaban baixo o subdominio .aland.fi.
Índice |
Historia[editar]
O 17 de febreiro de 2006, o parlamento finlandés aprobaba unha modificación das leis de regulación dos nomes de dominios fineses para incluír o .ax como dominio de nivel superior. Durante tres anos, o subdominio aland.fi sería sendo mudado mentres se empregaba o .ax, sen que se aceptasen máis rexistros baixo o subdominio aland.fi.
O 17 de marzo de 2006, o presidente de Finlandia Tarja Halonen asinaba a modificación como lei, tornándose efectiva o 27 de marzo de 2006. O goberno de Åland comezou a aceptar rexistros inmediatamente despois de cambiarse a lei.
O 9 de xuño de 2006, o ICANN aprobou delegar o dominio .ax para o goberno de Åland. O .ax foi adherido á root zone o 21 de xuño de 2006, e tornouse activo o 15 de agosto de 2006.
Requirimentos de rexistro[editar]
Os nomes de dominio poden ser outorgados a:
- Unha persoa xurídica que teña negocios ou estea rexistrada nas Illas Åland. (A cidadanía finesa ou rexistro corporativo non é suficiente; requírese unha residencia de 5 anos no lugar.)
- Unha entidade do sector público, do goberno, institución ou asociación pública que actúe ou estea rexistrada nas Illas Åland.
- Unha persoa, de polo menos 15 anos, que teña a súa residencia nas Illas Åland ou que cumpra o Dereito de Domicilio establecido nas leis autonómicas.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Información no IANA do .ax (en inglés)
- Adopted Resolutions, special meeting of the board of ICANN
- IANA Report on Delegation of the .AX Top-Level Domain, from IANA website