Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esta é a sección bloqueos do Taboleiro dos administradores
System-lock-screen.svg
Dereitos
publicar
Edit-delete.svg

Nesta sección recóllense as peticións de bloqueo de usuarios ou protección de páxinas.

Comezar un novo fío de conversa

Emblem-system.svg
Bots
publicar
Gnome-emblem-photos.svg
Imaxes
publicar
Mail-mark-junk.svg
Spam
publicar
Edit-clear.svg
Vandalismo
publicar
Gnome-accessories-text-editor.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7


Trump[editar a fonte]

Hai unha IP a vandalizar o artigo de Donald Trump, penso que o artigo precisaría un bloqueo temporal tal e como está a actualidade, e a IP un toque de atención. Grazas, Piquito (conversa) 7 de xaneiro de 2021 ás 20:37 (UTC)

Protexido por unha semana. Graciñas! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de xaneiro de 2021 ás 21:02 (UTC)

Estranxeirismo[editar a fonte]

Bloqueade, por favor, ó pesado este do 186.130.55.14, empeñado en meter o X en Estranxeirismo. Pedro --Lameiro (conversa) 8 de xaneiro de 2021 ás 17:22 (UTC)

  • Xa vexo. Pero tres días me parece insuficiente. Pedro --Lameiro (conversa) 8 de xaneiro de 2021 ás 17:23 (UTC)
  • Acabo de protexer a páxina (3 meses), só editable por usuarios autoconfirmados. --Atobar (conversa comigo) 8 de xaneiro de 2021 ás 17:39 (UTC)

Vandalismo de 186.130.21.148[editar a fonte]

Solicito o bloqueo da IP 186.130.21.148. Reincide continuamente nas mesmas edicións vandálicas. Grazas. --Breogan2008 (conversa) 15 de xaneiro de 2021 ás 15:37 (UTC)

vandalismos de ‎190.178.39.128[editar a fonte]

a IP 190.178.39.128 parece divertirse moito xogando na Galipedia. Solicito o seu bloqueo xa!. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de febreiro de 2021 ás 19:27 (UTC)

Vandalismo de 190.178.47.203‎[editar a fonte]

Solicito o bloqueo da IP 190.178.47.203‎. Reincide continuamente nas mesmas edicións vandálicas. Grazas. --Breogan2008 (conversa) 17 de marzo de 2021 ás 19:22 (UTC)

Vandalismos de Zuntig e contas monicreques[editar a fonte]

Nos últimos meses vivimos unha serie de vandalismos coordinados (consciente ou inconscientemente) pola conta Zuntig. Reportamos a conta e recibiu agora un bloqueo global de wikimedia. Explico que pasou e a que debemos estar atentas para evitar que volva pasar. Menciono a Breogan2008, Atobar e Lameiro.

Que pasou[editar a fonte]

  • As edicións eran sobre todo en artigos de música arxentina, a lingua portuguesa e temas relacionados co xudaísmo.
  • Os vandalismos facíanos tanto IPs arxentinas como contas rexistradas.
  • Producíanse en ES, PT e GL.
  • En GL (e algo en PT) ademais tiñan unha teima particular en cuestións de ortografía e usos de s/x e de b/v.
  • O procedemento máis habitual, pero non o único, era de vandalismos con IPs anónimas e a "reparación", máis ou menos completa e, por veces, aínda máis vandálica, do usuario agora bloqueado Zuntig. Pero temos moitos indicios que sinalan que esas IPs anónimas era tamén Zuntig, ás veces actuando case ao mesmo tempo.
  • Ese usuario xa fora bloqueado anteriormente, de forma global, con outros nomes: Zuntig fiber e Judiosefardi (polo menos).
  • Reportouse e, polo de agora, só aplicaron o bloqueo global na conta, pero non nas IPs.

A que debemos estar atentas[editar a fonte]

  • É moi probable que a persoa siga a editar, ou sexa, que volva á carga nuns días ou semanas. Xa o fixo antes.
  • O seu padrón de edicións é moi semellante, así que calquera vandalismo ou mesmo edicións correctas en contas sobre música arxentina, mensaxes de que tal ou cal cousa "non existe", comentarios antisemitas ou, con máis precisión, propios de conspiración antisemita ("este artista é xudeu"), deben poñernos sobre aviso.
  • Se interaccionamos cun usuario rexistrado, deberiamos ser o máis empáticos posible. Polo que estiven mirando nos seus comportamentos anteriores, paréceme que o vandalismo ten máis que ver cunha circunstancia persoal de saúde que coa maldade.
  • A protección dos artigos para que non poidan ser editados por IPs é unha boa medida inicial, pero non remata co problema xa que continúa os vandalismos coa conta rexistrada.
  • Reportade o usuario rexistrado canto antes (e se o lembrades, citándome) para que, coa experiencia acumulada, poidamos actuar rápido e evitemos dano na Wikipedia e no usuario.

E máis nada. Moitísimas grazas pola vosa colaboración. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de maio de 2021 ás 02:38 (UTC)

Grazas pola información, Xabier. Procurarei estar pendente. --Atobar (conversa comigo) 12 de maio de 2021 ás 08:46 (UTC)
Moi ben, gústame moito como expuxeches o punto dous. Grazas polo traballo de seguimento e informe á comunidade. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 12 de maio de 2021 ás 13:09 (UTC)
Atención a Especial:Contribucións/181.25.138.166.@Xabier Cid Saúdos Maria zaos (conversa) 30 de agosto de 2021 ás 19:16 (UTC)

Usuario:QUE CULITO MESSI[editar a fonte]

Solicito o bloqueo de QUE CULITO MESSI por nome de usuario inapropiado e intencións claramente vandálicas (1, 2, 3). Graciñas, --RubenWGA (conversa) 14 de xuño de 2021 ás 15:43 (UTC).

Santiago Esteban Radío[editar a fonte]

Solicito a protección do artigo ante o constante vandalismo e guerra de edicións por parte de IPs coas mesmas edicións obscenas e denigrantes. Grazas, --RubenWGA (conversa) 14 de xuño de 2021 ás 18:45 (UTC).

Feito! Feito! --Atobar (conversa comigo) 15 de xuño de 2021 ás 08:56 (UTC)

Reuven Ya'akov Schönstein[editar a fonte]

Solicito o bloqueo do Usuario:Reuven Ya'akov Schönstein por edicións vandálicas reiteradas. Grazas.--Breogan2008 (conversa) 19 de agosto de 2021 ás 11:09 (UTC)

Vellos ataques[editar a fonte]

@MAGHOI: e @RubenWGA:. Estes días estivestes pelexando con reencarnacións dun vello trol, Zuntig. Son edicións de grupos arxentinos, cores, a vila de Trujui e algún artigo máis. O procedemento é o habitual, incluído o uso de contas anónimas múltiplas (IPs) ou acusarse a si mesmo de ser un vándalo. Se queredes avisarme de cada vez que o vexades actuar, paréceme estupendo. Dado que son IPs bloqueos longos non teñen demasiado sentido (el queima as IPs normalmente xa nun día ou dous) pero si que é interesante ver se crea contas rexistradas, porque pode estar a facer o mesmo en PT e ES, como xa fixo doutras veces. Creo que non é boa idea protexer os artigos, especialmente Trujui, dado que é un artigo marxinal e a proba do 9 de que é o "noso" Zuntig. Agradézovos de paso moito o traballo que fixestes coas reversións (e agradézolles a outras persoas se tamén reverteron e non me din de conta). Apertas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de setembro de 2021 ás 06:15 (UTC)

Ah, xa que estou: pídovos paciencia con el, porfis. Creo que é evidente que non o fai por maldade. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de setembro de 2021 ás 06:17 (UTC)
@ Xabier Cid Tomo nota. Unha aperta --MAGHOI (conversa) 1 de setembro de 2021 ás 09:40 (UTC)
@ Xabier Cid Ola Xabier. Veño de borrar un feixe de páxinas orixinados nesta ip 181.25.206.3 e que se titulaban: Tekis, los Tekis, Los Tekis, Los Bailanteros, Jujui, e outra vez en xurásico. Debe ser aquilo que facías referencia na nota anterior. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 9 de setembro de 2021 ás 22:48 (UTC)
@ MAGHOI. Moitísimas grazas. Avisoume tamén Lameiro pola outra liña, pero xa estaba deitado. Voulle botar un ollo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 10 de setembro de 2021 ás 06:03 (UTC)