Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións/Arquivo 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7

Sdo. Bloqueos[editar a fonte]

  • Do Usuario:Vandme por vandalismo (en varias wikis, o propio nome de usuario asemella escollido prara vandalizar).
  • Do Usuario:ADSN por destrucción de contidos e blanqueos (en varias wikis).
    • Vandme foi bloqueado por un ano. De ADSN non me sae nada. Pedro Lameiro (conversa) 13:31, 8 febreiro 2010 (UTC)

Bloqueos[editar a fonte]

Dinlle un novo aviso explicándolle algunhas cousas. Non vou bloquear se non reitera. Se volve a elimina-lo artigo non haberá máis remedio ca bloquear, mais agardemos que non sexa necesario. --Alberte Si, dígame? 22:47, 22 febreiro 2010 (UTC)
  • Alberte, non sei se chegaches a ler na miña páxina de conversa a forma de expresarse do rapaz. O de teimar en repoñer a frase é o de menos. Se este ton ameazante (sobre todo o último comentario, pero tamén os outros) non é para bloqueo, daquela eu non entendín nada. --Atobar (conversa comigo) 23:25, 22 febreiro 2010 (UTC)
    • Sen dúbida a cousa pinta bastante mal, o usuario non coñece os principios básicos da wikipedia e ameaza con "chivarse" (non sei de que, supoño que de editáramos o "seu" artigo, que como xa lle dixemos non é seu). Hoxe non vou actuar, mañá cando chegue a casa miro como vai o tema se a cousa non foi a peor e tivo que actuar outro administrador. --Alberte Si, dígame? 23:35, 22 febreiro 2010 (UTC)
      • Polo que poida servi-la miña opinión, a xustificación do bloqueo está máis que xustificada: reversións reiteradas no caso de euskara e éuscaro e, sobre todo, o borrado reiterado do "seu" artigo expresan o espíritu colaborativo e dialogante do usuario Euskalduna. Se quedase algunha dúbida, abondaría con le-lo que escribe na páxina de conversa de Atobar. Non semella descoñece-los fundamentos da wikipedia, nin moito menos. Pedro --Lameiro (conversa) 23:48, 22 febreiro 2010 (UTC)
      • Finalmente tiven que bloquear, porque o seu comportamento ameazante e de eliminación do traballo dos demais non deixou outra saída. Grazas por andardes atentos. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 17:18, 23 febreiro 2010 (UTC)

O artigo foi vandalizado (eliminación de contidos) recentemente por dous usuarios. Solicito semiprotección. --HombreDHojalata conversa 10:08, 26 febreiro 2010 (UTC).

Protexino durante un mes, pemso que é suficiente para disuadir novos vandalismos. --Alberte Si, dígame? 12:50, 26 febreiro 2010 (UTC)

77.209.164.132[editar a fonte]

A Ip 77.209.164.132 corresponde a un vándalo. --HombreDHojalata conversa 10:42, 4 marzo 2010 (UTC).

Eu penso que corresponde a alguén desinformado do funcionamento da Wikipedia. Deixeille unha mensaxe de benvida, a ver se se anima a participar como deus manda. --Xoacas(Góstache o pemento?) 14:15, 4 marzo 2010 (UTC)

"ORIGEN DEL NOMBRE DE CESANTES Era una zona donde abundaban las ostras, y cuando empezaron a escasear (cesar), lo llamaban Ostras cesantes, y ya abreviado, quedó Cesantes".
En fin, se isto non é vandalismo que é alguén desinformado ... --HombreDHojalata conversa 18:12, 4 marzo 2010 (UTC)
Polo de agora non vou proceder ó seu bloqueo, mais se fai algún vandalismo máis serio habería que actuar. --Alberte Si, dígame? 18:29, 4 marzo 2010 (UTC)

Debe bloquearse urxentemente o usuario FlipoYo por insultos reiterados a Lmbuga. Pedro --Lameiro (conversa) 20:41, 20 marzo 2010 (UTC)

Bloqueado. Ultimamente a persoa que está a realizar eses ataques está hiperactivo, e xa creou moitos usuarios para insultar a Lmbuga con especial saña, e tamén a min, Atobar, Estevoaei e outros. --Alberte Si, dígame? 21:17, 20 marzo 2010 (UTC)

Solicito semiprotección para o artigo ou bloqueo para a IP. Especial:Contribucións/91.117.7.25. --. HombreDHojalata.conversa 16:07, 5 abril 2010 (UTC)

  • O usuario acaba de ser bloqueado por un mes. Graciñas, HombreDHojalata. --Atobar (conversa comigo) 21:04, 5 abril 2010 (UTC)

80.58.205.32[editar a fonte]

Solicito se mude o bloqueo actual dun mes por "para sempre" para a ip Especial:Contribucións/80.58.205.32. Con poucas edición pero moitos bloqueos por vandálica en varias ocasións nas wikipedias en galego, catalán, inglés, español, portugués, árabe... Penso que está a xogar con nós. --. HombreDHojalata.conversa 21:29, 12 de abril de 2010 (UTC)

  • O que pasa é que igual é a ip compartida dun centro escolar, non? Polo que vexo tamén ten edicións perfectamente válidas. --Atobar (conversa comigo) 22:58, 12 de abril de 2010 (UTC)
    • Polo contido das edicións non parece en absoluto que proceda dun centro de ensino. É unha ip de telefónico e creo recordar que os centros galegos teñen servicio con R. De todas, se se observan as contribucións globais, a proporción de edicións/bloqueos é esaxerada. Lembro que ten bloqueos en a lo menos cinco wikis diferentes! incluidos varios bloqueos na nosa, ata cando imos seguir ó gato e ó rato? --. HombreDHojalata.conversa 07:23, 13 de abril de 2010 (UTC)
Eu dende logo non son de marear moita a perdiz nestes temas. Se á súa volta reincide, daquela efectivamente caerálle un bloqueo permanente. Polo momento, respecto o bloqueo actual que ten posto por outro editor. --Atobar (conversa comigo) 09:49, 13 de abril de 2010 (UTC)

Monarquía asturiana[editar a fonte]

Solicito intervención na serie de artigos sobre reis tradicionalmente considerados como de Asturias e León. O Usuario:Alexandre Vigo leva feita unha boa morea de edicións encamiñadas a mudar a secuencia histórica ata agora empregada. O usuario foi advertido da necesidade de referenciar as súas edicións, sen éxito. Xoacas(non che sinto?) 15:33, 27 de abril de 2010 (UTC)

  • Xoacas, indica as edicións concretas, por favor. Estou revisando a lista de contribucións e está encerelladísima. É mágoa porque boa parte delas parecen edicións que achegan info, pero está tan embarullado que non sei se non será o mellor recuperar a edición previa a todas as de Alexandre. O que está claro é que estes cambios non se poden facer sen consenso previa e unilateralmente. --Atobar (conversa comigo) 16:44, 27 de abril de 2010 (UTC)
En calquera caso, para isto non fai falla un administrador. Soamente hai que desfacer e recuperar edicións. --Atobar (conversa comigo) 16:45, 27 de abril de 2010 (UTC)

Pois non sei que che dicir. Tentarei desfacer algunhas edicións agora e logo verei se estou un cacho á noite. O que eu sei de historia hispánica non dá para detectar incoherencias das gordas, que dos reis godos para acó todos me soan igual. En calquera caso están sen mudar todas as ligazóns que miran cara a estes artigos cambiados, e tendo en conta que o que antes se chamaba Afonso 2.1 agora se chama Afonso 2.2, podemos supoñer que está todo feito un cristo sacramentado, imaxina o que vai custar volver a poñer todo no seu sitio. Xoacas(non che sinto?) 17:19, 27 de abril de 2010 (UTC)

Veño de repasar todas as edicións problemáticas e creo que está revertido todo o que había que reverter e respectado todo o que había que respectar. De todos os xeitos non sería mala idea que alguén que saiba de historia lle dea un repaso, que a min os reis estes me teñen todos a mesma pinta. Xoacas(non che sinto?) 22:59, 27 de abril de 2010 (UTC)
Graciñas, Xoacas. Era un encerelle do demo. --Atobar (conversa comigo) 23:04, 27 de abril de 2010 (UTC)
O asunto é de importancia : cal é a corrente de histiografía que usa a Galipedia ? cales son os casos que só se acepta a histriografía tradicinal española ? Alexandre Vigo traballa dende fai bastante tempo seguindo unha corrente importnte da nova historiografía galega e dalguns hispanistas extranxeiros. Mostrouse sempre apacible, mui respectuoso dos outros usuarios e podese decir que ten competencias en historia. Agora ben, non é por isto que leva consenso e o que fai podese discutir na comunidade, no caso do tema que da Xoacas podese ir na páxina Conversa:Lista de monarcas de Galicia (ou outra mais adecuada) e levar adiante a conversa iniciada por Alberte e emilio juanatey. O tema e suficientemente importante para que se anuncie no portal da comunidade e que con tranquilidad e o tempo necesario apuntemos os puntos de descrepancía e reflexionemos o que dara calidad a Galipedia. Esta conversa non é da competencia dos administradores, é da competencia de toda a comunidade : tratamos do contido a enciclopedía, as edicións de Alexandre Vigo son de boa fé e en coherencia co traballo que fai. Non se trata de comportantemento inadecuado. Saúdos a todos Elvira (conversa comigo) 02:21, 29 de abril de 2010 (UTC)

Polo que a min respecta este tema está pechado. Houbo unhas edicións que afectaron a algo tan serio como a idea que queremos que transmita a Wikipedia sobre a historia de Galicia, esas edicións revertéronse (non todas nin integramente) e agora comeza o debate para consensuar eses cambios ou non. Non queda máis que falar aquí. Seguirei o debate con atención. Xoacas(non che sinto?) 13:00, 29 de abril de 2010 (UTC)

Rebaixar o nivel de protección de Wikipedia:Cousas que non se deben facer[editar a fonte]

Poderíase?

Quería incluír o Modelo:Lista políticas que xa teñen tódalas páxinas do estilo (por certo, ningunha desoutras está protexida coma esta).

Grazas--. HombreDHojalata.conversa 14:26, 8 de maio de 2010 (UTC)

Baixei o nivel de protección, así que poderías editalo. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 20:15, 8 de maio de 2010 (UTC)

85.49.152.95[editar a fonte]

A ver se alguén lle pode dar un toquiño ao usuario con ip 85.49.152.95, leva unha manchea de artigos traducidos sen indicar a orixe, estou farto de llo advertir sen que faga caso. É posible que non se decate das mensaxes que le deixei na páxina de conversa? Xoacas(unha palabriña doçe) 15:08, 10 de maio de 2010 (UTC)

188.83.76.24[editar a fonte]

Considero que a linguaxe empregada aquí non é merecedora da Galipedia e que eu tampouco a merezo. O deixo nas vosas mans un saudo e perdón polas molestias.--Carronada 23:55, 22 de maio de 2010 (UTC)

Carronada, o usuario foi bloqueada uns minutos antes de que deixases esta mensaxe. Efectivamente, non é de recibo. --Atobar (conversa comigo) 23:56, 22 de maio de 2010 (UTC)

Mocidade Socialista Galega[editar a fonte]

Propoño unha sanción de bloqueo ou apercibimento contra o Usuario:Mocidade_Socialista_Galega. As razóns son: edicións vandálicas en Paulo Carlos López; publicación dunha fotografía na que falseou a súa identidade en Commons (arquivo). Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 15:24, 13 de xuño de 2010 (UTC)

85.2.158.43[editar a fonte]

Se as edicións da IP 85.2.158.43 son edificantes que baixe dios e mo diga. Non sei se hai que bloquealo, pero darlle un tirón de orellas non lle viría mal. Saúdos. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 15:31, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Este: 81.63.126.204 é o mesmo fulano. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 16:21, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Este colecciona ipés: 81.62.53.212. Eu disto non entendo moito, pero non rematamos antes protexendo dalgún xeito os artigos en litixio? Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 20:36, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Agora actúa baixo a IP 81.62.33.8. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 17:18, 20 de xuño de 2010 (UTC)

81.62.40.199[editar a fonte]

Solicito o bloqueo da IP 81.62.40.199. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 14:16, 19 de xuño de 2010 (UTC)

Iago Seara[editar a fonte]

Solicito protección para o artigo Iago Seara, que ultimamente está sufrindo ataques vandálicos recorrentes por parte de diferentes IP. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:14, 30 de xuño de 2010 (UTC)

Feito! Feito! --Alberte Si, dígame? 20:04, 30 de xuño de 2010 (UTC)

201.22.147.215[editar a fonte]

Especial:Contributions/201.22.147.215 - está a añadir lixo nas páxinas. Foi advertido. Dferg 17:57, 8 de xullo de 2010 (UTC)

Solicito que se chame á orde ao usuario Alexandre Vigo por violación reiterada da licenza da Wikipedia[editar a fonte]

Un dos requisitos da licenza da Wikipedia é o recoñecemento da autoría, no caso da tradución de artigos procedentes doutras Wikipedias o procedemento establecido na Galipedia é incluír un texto de recoñecemento de orixe no resumo de edición (véxase Axuda:Resumo de edición). Como pode comprobarse na páxina de conversa de Alexandre Vigo foi avisado en numerosas ocasións da violación da licenza da Wikipedia nas traducións de artigos doutras Wikipedias. O reiterado da violación da licenza, o feito de que dita violación non pode ser causada polo descoñecemento dese requisito e a ignorancia dos avisos recibidos recomendan que alguén con máis vocación mediadora ca min o chame á orde, a ver se evitamos vernos forzados a solicitar o seu bloqueo. A Galipedia non pode ser ferramenta de comisión de ilegalidades, e neste caso esta séndoo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:16, 17 de xullo de 2010 (UTC)

Modus operandi[editar a fonte]

Non sei se vos decataches pero o que está a facer Alexander Vigo é crear a toda velocidade tódolos artigos-ligazóns-vermellas de Reino de Galicia, traducindo directamente doutras wikis, sen ligazóns internas, sen referencias, sen imaxes, sen recoñecemento da licenza, sen categoría... asemella que o obxectivo podería ser promover a Reino de Galicia como artigo de calidade --. HombreDHojalata.conversa 09:39, 17 de xullo de 2010 (UTC)

HombreDHojalata: Por favor, asuma a boa fe. Está feo acusar compañeir@s. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:34, 17 de xullo de 2010 (UTC)
Concordo con Estevoaei.--Paradanta 12:06, 17 de xullo de 2010 (UTC)

Si, quen me dera a min non ter me meterme nestas lerias, pero hai que facelo. Asumir a boa fe non é unha política oficial da Galipedia. Si o son citar as fontes, que o contido sexa verificable ou seguir un certo estilo na edición. Todas estas omisións están sendo cometidas reiterada e premeditadamente por Alexandre Vigo sen que ninguén lle diga que está feo facelo. a intención non sei cal é, pero o resultado é que as normas non van con el. Non quero pedir o seu bloqueo porque non creo que o bloqueo deba ser unha medida punitiva, só estimo necesario unha chamada de atención. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:04, 17 de xullo de 2010 (UTC)

Concordo na chamada de atención sobre a necesidade de referencias e o criterio de estilo, pero non me parece ben mencionar que a súa actitude ten un determinado fin. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:24, 17 de xullo de 2010 (UTC)

Eu, na primeira parte da miña exposición falo de feitos, na segunda parte fago unha presunción, e é de boa fe. Supoño que Alexander ten boa fe e quere mellorar o artigo Reino de Galicia, iso é estupendo para a Galipedia. O único que digo é que fai unhas edicións moi pobres dos outros artigos, contando que veña alguén por atrás a amañalas. Non digo que iso sea bo, nin que sea malo. Non fixen xuízos de valor. Supoño que será bo para "Reino de Galicia" e malo para os outros artigos, de momento, ata que os vaiamos mellorando. O que é certo e que me parece básico dúas cousas: 1º Poñerlle as referencias ós artigos cando as coñecemos e están postas nos artigos de orixe, 2º Citar que son traducións doutras wikis cando é o caso--. HombreDHojalata.conversa 13:45, 17 de xullo de 2010 (UTC)

Desculpa, HombreDHojalata pola frase de máis arriba. Agora entendo mellor o teu punto de vista sobre a presunción que fixeches. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:22, 17 de xullo de 2010 (UTC)
    • Alexandre ten demostrado honestidade, colaboración e rectificacións en diversas ocasións. Penso que debemos ser máis compañeiros todos con todos, e paréceme ben avisar cando hai erros reiterados (e volver a avisar se fai falta), pero sempre desde a concordia. Saúdos e saúde para todos. --Xoán Carlos Fraga 22:22, 20 de xullo de 2010 (UTC)

Usuario Gali[editar a fonte]

Solicito o bloqueo de [1] por reincidir en accións vandálicas, primeiro coma ip e agora como usuario rexistrado (artigos Lugo e Eduardo Pondal).--Paradanta (Cóntame) 08:43, 18 de agosto de 2010 (UTC)

Feito! Feito! Ademais, eliminei as revisións vandálicas que causou. --Toliño Fala aquí comigo 13:29, 18 de agosto de 2010 (UTC)

semiprotección para Xoán Piñón[editar a fonte]

Solicito semiprotección para o artigo Xoán Piñón. Hai un usuario con ip variable, ó que invitei a rexistrarse e non contestou, que teima en retirar os avisos do artigo, sen solucionar os problemas sinalados e sen diálogo ningún. Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 13:50, 16 de setembro de 2010 (UTC)

  • Feito! Feito!, por tres meses. Graciñas, HombreDHojalata. --Atobar (conversa comigo) 15:33, 16 de setembro de 2010 (UTC)

Numeración grega e Alfabeto grego[editar a fonte]

Os artigos Numeración grega e Alfabeto grego están sendo obxecto de edicións reiteradas sen referenciar por parte do usuario da wikipedia inglesa en:User:Future Perfect at Sunrise e da ip 83.30.144.212, que semellan ser a mesma persona. o raro é que Future Perfect at Sunrise é administrador na wiki inglesa, pero tamén é certo que presume ter sido acusado de abusón. A outra alternativa que se me ocorre é que este home fai ben pero eu non me estou enterando de algo. Facede o que vexades. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:33, 20 de setembro de 2010 (UTC)

Aquí quedou a cousa máis ou menos aclarada, e digo máis ou menos porque o meu inglés non é nada escandaloso, así que queda a cousa nas vosas mans. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:43, 20 de setembro de 2010 (UTC)
Había un vándalo, a IP, e un usuario que trataba de arranxar un miudallo. Solucionado. Grazas, Xoacas. --Atobar (conversa comigo) 12:20, 20 de setembro de 2010 (UTC)

188.83.66.183[editar a fonte]

Solicito bloqueo da ip 188.83.66.183. Ten unha teima especial con páxina de Conversa:Lingua galega, non podemos pasar o día revertendo as súas edicións malintencionadas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:07, 20 de outubro de 2010 (UTC)

Feito! Feito! --Xas (conversa) 21:18, 20 de outubro de 2010 (UTC)

85.91.87.244[editar a fonte]

A última edición non vandálica da ip 85.91.87.244 data de marzo do 2010. Esta ip corresponde a un centro de ensino. Deixáronse mensaxes alertando aos responsables,pero ou ben non levan control do que acontece nas aulas ou ben o control non é efectivo. Propoño bloquear a ip por un curto período a modo de chamada de atención procurando o efecto pedagóxico desexado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:44, 21 de outubro de 2010 (UTC)

Feito! Feito! --Xas (conversa) 12:13, 21 de outubro de 2010 (UTC)

usuario:TinoR[editar a fonte]

O usuario:TinoR ven editando na Galipedia dende o 16 de setembro traducindo artigos da wikipedia catalá. Non habería ningún inconveniente nisto se non se negase insistentemente a indicar a orixe das súas traducións. Foi avisado en reiteradas ocasións pero non deu ningún tipo de resposta aos avisos. Non creo que sexa motivo suficiente para un bloqueo, pero non se pode deixar que se violen as normas sistematicamente e a sabiendas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:17, 24 de outubro de 2010 (UTC)

Urxe bloquear a este tipo.--Paradanta (Cóntame) 15:51, 27 de outubro de 2010 (UTC)

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 15:55, 27 de outubro de 2010 (UTC)

Tradución automática[editar a fonte]

Creo que sería bo protexer o artigo Tradución automática, que está sendo editado insistentemente por diferentes ip que semellan ter a mesma orixe, e polo Usuario:Alejandrocaro35. O texto engadido ten infinidade de incorreccións. O usuario foi advertido en reiteradas ocasións e as súas edicións revertidas, pero el non fai outra cousa que refacer o desfeito. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:46, 28 de outubro de 2010 (UTC)

Feito! Feito! --Xas (conversa) 16:03, 28 de outubro de 2010 (UTC)

O antedito pódese aplicar tamén a Google Translate, coas mesmas ip e o mesmo usuario de por medio. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:45, 28 de outubro de 2010 (UTC)

Feito! Feito! --Xas (conversa) 17:15, 28 de outubro de 2010 (UTC)

Solicito bloqueo do usuario:Alejandrocaro35, que está facendo unha desfeita tras outra nos artigos anteditos e outros, todo porque descoñece a lingua galega e traballa con tradutores automáticos. Eu xa cansei de amañar o que el escacha. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:04, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Concordo, ademais do dito anda a retirar marcadores de atención antes de lle dar solución.--Cheluco 14:28, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Insisto na miña solicitude. A comunicación con este usuario é imposible e segue a editar de calquera modo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:59, 1 de novembro de 2010 (UTC)

Escudo de Navarra[editar a fonte]

Solicito a protección de Escudo de Navarra, está a se dar unha guerra de edicións por mor da imaxe do escudo.--Cheluco 17:07, 30 de outubro de 2010 (UTC)

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 17:09, 30 de outubro de 2010 (UTC)

Ip 213.98.105.181[editar a fonte]

Solicito o bloqueo de [2] por incidir en accións vandálicas tras ser avisado. Un saúdo.--Paradanta (Cóntame) 17:16, 3 de novembro de 2010 (UTC)

Feito! Feito! --Beninho 17:24, 3 de novembro de 2010 (UTC)

Futebol Clube do Porto[editar a fonte]

No artigo Futebol Clube do Porto ven habendo a guerra de edicións máis tonta que nunca vin: o Usuario:R.albergaria teima en poñer en negras unha frase que non corresponde en estrita aplicación de Wikipedia:Guía (formato). Foi advertido do seu erro, pero a súa teimosía persiste. Solicito intervención, non sei ben de que tipo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:38, 10 de novembro de 2010 (UTC)

O mesmo para Sporting Clube de Portugal. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:28, 10 de novembro de 2010 (UTC)

Solicito bloqueo de Usuario:R.albergaria e do seu alter ego Usuario:Rui Albergaria, por pesado[3]. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:40, 11 de novembro de 2010 (UTC)

188.83.124.73[editar a fonte]

Solicito bloqueo da ip 188.83.124.73. A súa actitude é calquera cousa menos construtiva, viola as licenzas das fontes que emprega, responde de forma burlona e mesmo se permite amolar alterando páxinas de usuario alleas [4]. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:58, 18 de novembro de 2010 (UTC)

Feito! Bloqueado por un mes. --Atobar (conversa comigo) 15:05, 18 de novembro de 2010 (UTC)

Deportivo de La Coruña[editar a fonte]

Solicito protección para Deportivo de La Coruña, unha ip teimuda (83.165.243.197) obstínase en baleiralo de contido. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:13, 18 de novembro de 2010 (UTC)

  • Feito! Protexido durante 6 meses, nos que non poderán editalo usuarios anónimos e novos. --Atobar (conversa comigo) 16:24, 18 de novembro de 2010 (UTC)

194.79.151.74[editar a fonte]

A ip 194.79.151.74 dedícase a colgar ligazóns a sitios web de xogos con animaliños, solicito o seu desterro a Indias. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:00, 29 de novembro de 2010 (UTC)

Feito! Bloqueado por un mes. --Atobar (conversa comigo) 17:30, 29 de novembro de 2010 (UTC)

85.91.95.244[editar a fonte]

O usiario ip 85.91.95.244 xa foi avisado con anterioridade en varias ocasións. Agora recunca. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:52, 1 de decembro de 2010 (UTC)

83.45.253.166[editar a fonte]

Abúrrese. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:00, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

80.27.102.50[editar a fonte]

Abúrrese tamén. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:50, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

A ip 80.27.102.52 é do mesmo peixe. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:02, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

O mesmo para a 80.27.102.53. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:04, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Por se non vos decatáchedes: 80.27.102.54. Paciencia. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:11, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

83.40.126.43[editar a fonte]

A ip 83.40.126.43 foi bloqueada por un día por Usuario:Wutsje coa nota apologies to local admins; please block longer/shorter according to local policy. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:57, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

87.218.144.94[editar a fonte]

Solicito bloqueo da ip 87.218.144.94 por empregar insultos nunha páxina de conversa. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:28, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Feito! Bloqueado --Beninho 11:34, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)
Pregunto: E non habería que borrar esa páxina de conversa? --Paradanta (Cóntame) 11:54, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)

Está marcada como lixo xa. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:40, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)

É posible protexer Kursaal das edicións dos bots? Hai un especialmente tedioso que está metendo interwikis erróneas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:26, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

O mesmo bot Usuario:WikitanvirBot está dando problemas en activismo, non sei se habería que bloquealo ata saber se é por causa dun mal funcionamento do bot.--Cheluco 20:51, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)
Un par de días de bloqueo non lle virían mal, nin a el nin a nós. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:11, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

99.56.72.50[editar a fonte]

O compañeiro 99.56.72.50 é un vello coñecido. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:39, 23 de xaneiro de 2011 (UTC)

Vilasobroso[editar a fonte]

Hai un usuario anónimo que debe de ser natural de Vilasobroso, Mondariz, e que se caracteriza polas súas edicións cargadas de amor pola súa terra e pola teima en deixar claro á menor ocasión que Vilasobroso é unha Entidade local menor. Este usuario edita cada vez dende unha ip diferente, de modo que solicito que sexan protexidos os artigos Vilasobroso, Mondariz, Entidade local menor, Castelo de Sobroso e Alejo Carrera, que xa foron vítimas deste desmedido amor patrio. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:33, 26 de xaneiro de 2011 (UTC)

Usuario Lansbricae[editar a fonte]

Chegoume un correo electrónica do enderezo lansbricae@gmail.com que ao non conter datos persoais procedo a transferir a este espazo wiki, por se alguén coñece o caso e sabe se hai algo que modificar ou non (eu daquela non era administrador e penso que nin sequera usuario rexistrado, e descoñezo o problema e tampouco non teño maior interese en poñerme a pescudar). En fin, o que me dicía é o seguinte:


Os meus país seguen a preguntarme que significa isto:
O responsábel do seu bloqueo é o Usuario:Lmbuga.
A razón que deu foi: Procurar o desequilibrio sistematicamente. Coentarase a continuació na taberna Caducidade do bloqueo: para sempre Pretendeuse bloquear: Lansbricae
NOTA: teña en conta que non pode empregar "Enviar un correo electrónico a este usuario" a non ser que dispoña dun enderezo electrónico válido rexistrado nas súas preferencias de usuario. O seu enderezo IP é 193.147.82.237 e o ID do bloqueo é #2228. Por favor, inclúa eses datos nas consultas que faga.
E non teño resposta entendible que darlles. saúdos.

-- Este correo electrónico foi enviado por Lansbricae a Atobar mediante a función "Enviar un correo electrónico a este usuario" de Wikipedia.


Pois iso é. Se alguén que saiba do tema quere dicir algo, é o momento; outramente, non se prevén cambios. --Atobar (conversa comigo) 22:43, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Déixao estar así. Lansbricae foi bloqueado (creo que varias veces), saltou o bloqueo (creo que varias veces), foi advertido por practicamente todos, e non houbo forma. Foi bloqueado e creo que ninguén puxo en dúbida esa acción (polo menos ningún administrador, creo lembrar que algún usuario manifestou o seu desacordo). Foi bloqueado para sempre e, con tódalas reservas que poidamos ter polo concepto "para sempre", ben bloqueado está. Pedro --Lameiro (conversa) 23:03, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • O bloqueo está ben feito. Non concibo como se pode facer máis dano a un proxecto como o que fixo ese usuario. Afortunadamente iso xa é auga pasada. --Alberte Si, dígame? 00:23, 31 de xaneiro de 2011 (UTC)

Artebruta[editar a fonte]

Solicito o bloqueo preventivo por un día do Usuario:Artebruta. Non atende a razóns, elimina contidos, incumpre as políticas adrede... Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:26, 5 de febreiro de 2011 (UTC)

Feito! Bloqueado por un día. --Atobar (conversa comigo) 21:38, 5 de febreiro de 2011 (UTC)

Artebruta[editar a fonte]

Solicito o bloqueo do usuario Artebruta. Pedro --Lameiro (conversa) 00:26, 7 de febreiro de 2011 (UTC)

Feito! Bloqueado por unha semana. --Atobar (conversa comigo) 00:37, 7 de febreiro de 2011 (UTC)

Ip 85.91.87.244[editar a fonte]

Hai que deixar de ser tolerantes con esta ip, aínda que sexa dun centro educativo. Hoxe xa fixo 3 vandalismos, aos que hai que sumar todos os anteriores. Cómpre bloqueala polo tempo preciso para que reflexione quen corresponda. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 08:45, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Pónticos[editar a fonte]

Solicito que se protexa o artigo [[Pónticos] para que poida ser editado só por usuarios confirmados. O Usuario:Menikure insiste en substituír contidos perfectamente referenciados sen dar motivos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:42, 11 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Páxina protexida por un ano. Só poden editala usuarios rexistrados. --Atobar (conversa comigo) 14:22, 11 de febreiro de 2011 (UTC)

Usuario:Risonsinho[editar a fonte]

Solicito o bloqueo temporal do Usuario:Risonsinho polas súas edicións teimudas en Can de palleiro. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:17, 17 de febreiro de 2011 (UTC)


XOACAS : se é así. eu tamén solicito o bloqueo de usuario XOACAS. Este usuario non esté suficientemente documentado e dedícase a colgar fotos erróneas que non se correspondeon co docuemnto can de Palliero. tamén penso que non está referenciando correctamente,. Trátase en concreto do artículo con descripción CAN DE PALLEIRO. As fotografías que está a colgando no artículo non se corresponden coa raza CAN DE PALLEIRO. Este usuario non entra en razón e dedícase a modificar a páxina constantemente. Solicito a a revisión deste artículo e se é necesario o bloqueo deste usuario. Que se modifique este artículo coas referencias correspondentes á páxina da Xunta de Galicia e as fotograías adecuadas desta raza galega en recuperación. É unha pena que pasen cousas así.Non fai ningún ben a preservación deste can galego e non crea máis que confusión. Gracias pola vosa colaboración. Saudos, Risonsinho FICHEIROS ERRÓNEOS http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Loba.jpg http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:1_Cadelo_palleiro.jpg

FICHEIROS PROPOSTOS http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Candepalleiro.JPG http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Cachorrospalleiro.JPG

Adxunto os comentarios deste usuario: Can de palleiro Ola, Risonsinho. Non estamos aquí para perder o tempo. O marcador non se pode retirar. E as imaxes que había eran perfectamente válidas. Vou desfacer as túas edicións. Espero que agora entres en razón, de non ser así pedirei o teu bloqueo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:04, 17 de febreiro de 2011 (UTC) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Risonsinho (conversacontribucións)

Risonsinho, engánaste. Existe un formato a seguir, unhas normas e unhas políticas de edición. Xoacas revertiu as túas edicións, e tal fixen eu antes ca el, porque simplemente te limitas a retirar un marcador sen ter solucionado o problema e a cambiar unha foto. Nun usuario experimentado o teu comportamente sería inaceptábel, pero entendo que ao seres novo aínda non leches a guía de edición, cousa que Xoacas tamén che dicía antes dese comentario que citas sacado de contexto e que con todo non deixa ser do máis normal. Ben, tes dúas opción ou tres opcións: 1)teimar e tratar de seguir coa teima, e serás bloquedado 2)cabrearte porque o mundo está contra ti, e marchar polo teu pé 3) Tratar de aprender a traballar co mesmo formato, baremos e parámetros ca o resto, e nese caso pregunta calquera dúbida que teñas, que eu e todos estaremos encantados de che botar unha man. A discusión non dá moito máis de si. Xa sabes, de ti depende. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:56, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Modelo:Lp Ansemil, Celanova[editar a fonte]

Solicito a protección de Modelo:Lp Ansemil, Celanova para que só o poidan editar usuarios rexistrados. Está habendo unha guerra de edicións cunha ip variable. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:35, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Feito! Feito! --Beninho 20:55, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Inverno demográfico[editar a fonte]

Solicito a protección do artigo Inverno demográfico, que está sendo obxecto de edicións que rozan o filofascismo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:47, 22 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Feito! Feito! --Xas (conversa) 22:08, 22 de febreiro de 2011 (UTC)

Nicole (cantante chilena)[editar a fonte]

Solicito que se protexa Nicole (cantante chilena), xa vou fartiño de desfacer edicións nel. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:45, 27 de febreiro de 2011 (UTC)

Usuario:Pgsfjighp[editar a fonte]

A ver se alguén lle pode dar un aviso a Usuario:Pgsfjighp. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:19, 17 de marzo de 2011 (UTC)

  • Feito! Bloqueado. --Beninho 23:38, 17 de marzo de 2011 (UTC)

Penso que habería que darlle algún tipo de protección a este artigo, porque hai unhas ips (probablemente a mesma persoa) que se empeñan en facer edicións con moi pouco xeito, mesmo absurdas. O mesmo aconteceu con Xosé Oliveira Blanco, e por ese motivo foi protexido por Atobar. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 10:09, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Feito! Protexida por Atobar. --Toliño Fala aquí comigo 19:23, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Mondariz[editar a fonte]

Solicito protexer Mondariz contra edicións de usuarios anónimos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:25, 29 de marzo de 2011 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

Deixei unhas mensaxes en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo sobre edicións vandálicas que se cadra debería ter deixado aquí. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:19, 30 de marzo de 2011 (UTC)

O Usuario:Spider Pig debe de ser o mesmo de onte. Estivo bloqueado ata o día 21 deste mes e parece que hoxe veu guerrilleiro. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:30, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Ando por aquí ao quite un tempiño, a ver que pasa. --Atobar (conversa comigo) 23:32, 30 de marzo de 2011 (UTC)

I tried editing the page Charlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure, but two users have reverted (not surprising).

This is the text Wikilingue had translated from Spanish, but as Wikilingue is automatic I think someone should look into it:

Wilbur el cerdito sabe lo importante que es la amistad, una lección que aprendió de la araña Charlotte. Así que cuando conoce a Cardigan, un cordero solitario, enseguida se hace su amigo. Wilbur enseña a Cardigan todas las maravillas de la vida en la granja y le presenta a tres arañas muy especiales: Nellie, Aranea y Joy - las hijas de Charlotte.

Cuando el granjero Zuckerman vende a Cardigan a otra granja, enseguida sabe lo que tiene que hacer. Acompañados de la ingeniosa rata Templeton, Wilbur y las tres hijas de Charlotte emprenden un viaje inolvidable para encontrar a Cardigan, durante el cual descubrirán que con valor, coraje y el amor de los amigos se puede conseguir prácticamente de todo.

The article says the three spiders are Charlotte's sisters. This is clearly incorrect. It should say dauthers. Spider Pig 23:48, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Bloqueos[editar a fonte]

Ola, creo que se debería bloquear os usuarios User:Nordwetlöli 2 e User:Nordwetlöli 3. O 2 fixo vandalismos no artigo Barcelona pra meter publicidade. O 2 e o 3 son monicreques de catálogo, rexistrados con poucos minutos de diferenza. --Xabier Cid Talk, please 11:09, 11 de abril de 2011 (UTC)

  • Feito! Bloqueado Marqueinos tamén como monicreques. A conta principal (Usuario:Nordwestlöli), bloqueeina hai uns días por vandalismo, e coido que Usuario:Nordlöli tamén é o mesmo, xa que ambolosdous fixeron estas edicións: [5] [6] hai uns días. --Beninho 11:46, 11 de abril de 2011 (UTC)

Creación de páxinas mais propias do Galizionario[editar a fonte]

Solicito o bloqueo temporal do Usuario:213.60.248.224conversa. Está a crear páxinas que son so definicións de diccionario. Tentouse falar en varias ocasións con el para explicarllo e non responde--. HombreDHojalata.conversa 08:55, 22 de abril de 2011 (UTC)

Feito! Feito! --Xas (conversa) 10:53, 22 de abril de 2011 (UTC)

Solicito se modifique o boqueo do usuario por "para sempre". O usuario ten un amplo historial de contribucións negativas a esta Wikipedia, incorrendo repetidamente en comportamentos descritos en Non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista, Xogar co sistema, Cousas que non se deben facer, Guerra de edicións, Romper a edición e Monicreques. E solicito, tamén, a mesma acción para a conta Usuario:Euskaldunaa, que debe ser marcada coma {{monicreque}}--. HombreDHojalata.conversa 19:20, 25 de abril de 2011 (UTC)

Concordo. Creo que xa se tivo paciencia dabondo con este usuario. --Paradanta (Cóntame) 20:46, 25 de abril de 2011 (UTC)
Discordo; paréceme ben a decisión que tomou Atobar de darlle tres días de reflexión. A pesar de que as repetidas edicións non eran de contido enciclopédico, tampouco eran de carácter vandálico. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:18, 25 de abril de 2011 (UTC)
Eu non valoro so a edicións destes días senón toda a traxectoria do usuario (incluso noutras wikis). Solicito dos administradores analicen por favor o seu historial de edicións. Léase por favor a páxina de conversa do usuario e lémbrese que non é o primeiro bloqueo que se lle aplica--. HombreDHojalata.conversa 21:23, 25 de abril de 2011 (UTC)
Eu concordei, máis que polo carácter exacto das súas últimas edicións (aínda que o que escribiu no cadro de resumo da súa última edición si que se pode considerar vandálico), pola reiteración das mesmas. Estamos a falar dalguén que xa é a cuarta vez que se bloquea en pouco máis dun ano. Pero o que decidan os administradores ben estará, tampouco é un tema sobre o que me interese debater especialmente. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 21:24, 25 de abril de 2011 (UTC)
Segundo á última edición do usuario, tres días chega ben, pero é moi certo o que apunta HombreDHojalata: a traxectoria de Euskalduna cumpre con todo o que se apunta aí arriba e mesmo contén algunhas ameazas como ip antes de crear o usuario. A min dirixírame algunhas, e creo que a Albert galiza tamén algo lle dedicara. O que propoño é darlle está cuarta oportunidade e se reitera calquera dos seus moitos comportamentos prexudiciais, daquela cortarlle definitivamente as ás cun bloqueo para sempre. Facémolo así? --Atobar (conversa comigo) 22:11, 25 de abril de 2011 (UTC)

Creo que a proposta de Atobar é ecuánime e prudente. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:35, 25 de abril de 2011 (UTC)

Paréceme ben a proposta de Atobar. --Paradanta (Cóntame) 05:23, 26 de abril de 2011 (UTC)

O que decida a comunidade paréceme ben--. HombreDHojalata.conversa 21:04, 26 de abril de 2011 (UTC)

Galizierazko Wikipedia honetako lankide-ohi batek Euskarazko Wikipedian aipatutako esaldi hau gehitzea besterik ez (56. mezua):
Solo añadir esta frase mencionada en la Wikipedia en Euskara por otro gallego ex-usuario de esta Wikipedia en Gallego (mensaje 56):
Perfecto el cambio y perfecto tu gallego!, Eskerrikasko!. Saludos desde la wikipedia portuguesa a la wiki euskaldun (no trabajo en la gallega, la wiki gallega está tomada por una serie de administradores nombrados a dedo la mayoría, y que boicotean y expulsan a todo aquel que les lleve la contraria .. bueno paro para no aburrir, enfin que saludos desde la wiki portuguesa).--Maañón 21:29, 16 Iraila 2009 (UTC)
Ulertu nahi duenak, ulertu beza. Goraintziak 87.000. artikulutik :D
A buen entendedor, pocas palabras bastan. Un saludiño desde los 87.000 articulos :D
Euskalduna 20:54, 28 de abril de 2011 (UTC)
  • Feito! Usuario bloqueado de forma permanente. --Atobar (conversa comigo) 19:13, 28 de abril de 2011 (UTC)
    • Ben feito, a cousa xa pasaba do aceptable, aparición estelar de Maañón e todo. --Alberte Si, dígame? 21:03, 28 de abril de 2011 (UTC)

Barcelona[editar a fonte]

Solicito a protección do artigo Barcelona, con 7 edicións vandálicas nos últimos días. --Paradanta (Cóntame) 20:37, 29 de abril de 2011 (UTC)

Feito! Protexida por un mes. --Toliño Fala aquí comigo 13:24, 30 de abril de 2011 (UTC)

Usuario Yaoming[editar a fonte]

Solicito o bloqueo do Yaoming por repetidas accións vandálicas no artigo de Justin Bieber tras ser requerido na súa páxina de conversa. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 09:08, 19 de maio de 2011 (UTC)

Feito! Bloqueado por 3 días. --Toliño Fala aquí comigo 10:13, 19 de maio de 2011 (UTC)

Usuario:Chouciño[editar a fonte]

Este novo usuario "cheira" a un abondo coñecido por nós: Euskalduna. Velaquí as súas contribucións: [7], nas que figura, por exemplo, esta edición que tamén fixera Euskalduna hai tempo. Acaba de se dirixir a Atobar e Alberte en términos irrespectuosos (non só con eles, senón con tódolos galegos) que lembran os malos modos de Euskalduna e defínese como "independentista do meu propio país". Moitas semellanzas con Euskalduna. É unha mágoa, pero deberá ser bloqueado. --Paradanta (Cóntame) 12:25, 1 de xuño de 2011 (UTC)

  • Feito! Bloqueado --Beninho 13:13, 1 de xuño de 2011 (UTC)


Semiproteccións[editar a fonte]

Cando se piden referencias para os artigos Nazario González Iglesias e Os Morenos de Lavadores, un usuario anónimo con dirección IP dinámica teima en retirar o marcador sen solucionar o problema. Penso que fai tempo que entramos en guerra de edicións. Solicito a semiprotección dos dous artigos--. HombreDHojalata.conversa 18:31, 17 de xuño de 2011 (UTC)

Usuario Jonyportu[editar a fonte]

Usuario rexistrado só para vandalizar. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 08:32, 23 de xuño de 2011 (UTC)

Feito! Bloqueado por unha semana. --Toliño Fala aquí comigo 09:14, 23 de xuño de 2011 (UTC)

Usuario AsCuFo[editar a fonte]

Solicito bloqueo urxente porque só está vandalizando, ver . Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:32, 19 de outubro de 2011 (UTC)

Semella que cesou a súa actividade vandálica despois do aviso que lle dei. En caso de reincidencia bloqueareino. --Toliño Fala aquí comigo 14:52, 19 de outubro de 2011 (UTC)

85.91.87.244[editar a fonte]

Please, block IP. Reason: Vandalism (view contributions). Pedroca cerebral 12:14, 2 de febreiro de 2012 (UTC)

Feito! Done. Thanks. --Atobar (conversa comigo) 12:33, 2 de febreiro de 2012 (UTC)

Solicito a desprotección de {{Comarcas}} porque atopei varios erros nos nomes das comarcas segundo o mapa comarcal de Galicia e a corrección de erros do DOG. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:53, 3 de abril de 2012 (UTC)

Desprotexido. --. HombreDHojalata.conversa 20:40, 3 de abril de 2012 (UTC)
Grazas. --Prevertgl 21:27, 3 de abril de 2012 (UTC)
No hay de que. --. HombreDHojalata.conversa 22:10, 3 de abril de 2012 (UTC)

Desbloqueio de IP[editar a fonte]

Bom dia, sou nova usuária da galipédia e penso fazer uso didáctico dela. Com o meu alunado do IES Illa de Arousa, imos traballar na ediçom e modificaçom de artigos relacionados com a Arouça. Porém, a semana passada, quando quigemos fazer as nossas contas de usuárias, descobrimos que a IP do centro estava blocada (polo usuário Lameiro) por ter sido cometidos desde ela actos vandálicos (suponho que alguma criança espelida do centro). Pediria-vos duas cousas: 1. que desbloquedes a IP desde a que estou a escrever (se nom vos aparece, localizo-a e vos passo o número) para podermos trabalhar eu e o meu alunado sem problema 2. de detectardes qualquer de vós alguma intervençom vandálica ou insultante desde esta IP, que mo comuniquedes, pois, como ademais sou a Xefa de Estudos do centro, farei o possível por localizar ao/à infratora e ponhê-la a andar.

saudinhos,

Susana Sánchez Arins—o anterior comentario sen asinar foi feito por Farangulha (conversacontribucións) 19 de novembro de 2012 ás 09:08

Miguel II de Rusia[editar a fonte]

Solicito protexer Miguel II de Rusia para que só poida ser editado por usuarios autoconfirmados, está habendo edicións polémicas ultimamente. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 1 de decembro de 2012 ás 22:58 (UTC)[responder]