Saltar ao contido

Pablo Anglés Galindo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPablo Anglés Galindo
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Benicarló, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra, musicólogo, compositor Editar o valor en Wikidata
InstrumentoClarinete Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1539647

Pablo Anglés Galindo, nado en Benicarló en 1967, é un compositor, clarinetista, profesor e director de música valenciano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anglés Galindo comezou a estudar música na escola de música da Asociación Musical Ciudad de Benicarló. En 1982 comezou no Conservatorio Superior de Música "Joaquín Rodrigo" na cidade de Valencia onde estudou piano con Ricardo Callejo, clarinete con José Cerveró Martínez, harmonía con Luis Blanes Arques e contrapunto con Francisco Tamarit Fayos.

De 1984 a 1988 foi director da Banda de la Agrupación Musical de Santa Magdalena de Pulpis e en 1985 fíxose cargo da dirección da Banda de Música de la Asociación Musical Ciudad de Benicarló nunha primeira etapa ata 1992, cando por oposición obtivo unha praza de profesor de música con destino en Zaragoza, en 1997 volveu facerse cargo da banda de música de Benicarló.

Composicións

[editar | editar a fonte]

Obras para orquestra

[editar | editar a fonte]
  • Benigazló – Histria (1996-1997), orquestra sinfónica
  • Al Crist de la Mar (2000), para orquestra sinfónica e coro

Obras para banda

[editar | editar a fonte]
  • Carrer Pubill (1989), pasodobre
  • Rafaelet (1991), pasodobre
  • Llum d'estiu (1995), pasodobre
  • L'estel del Collet (1998), apertura para banda sinfónica
  • Elements (2009)
  • El Comte Arnau (1997), ópera de cámara

Música de cámara

[editar | editar a fonte]
  • Enfoque opuesto (1994), para oboe, violoncello e piano
  • Disgregación (1995), para grupo de metal e percusión
  • Gamma (1995-1996), para 10 percusionistas
  • B3-Classic (1996), para clarinete, violoncello e piano
  • Suggerències, (2001)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]