Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións/Arquivo 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6

Bloqueo ao usuario Nemigo[editar a fonte]

Informo de que procedín hai uns minutos ao bloqueo do usuario Nemigo tras a súa enésima saída de ton e logo de retirar contido claramente ofensivo que o propio usuario incluíu na súa páxina de conversa. A duración do bloqueo entendo que debería ser de cando menos unha semana, pero optei por limitala a tres días coa esperanza de que o usuario rectifique ese comportamento e volva ao rego das edicións construtivas. --Atobar (conversa comigo) 15 de marzo de 2013 ás 15:05 (UTC)

Bloqueo severo para 85.91.87.244 (conversa · contribucións)[editar a fonte]

Esta IP leva 30 bloqueos e non cesa na seu vandalismo, en canto pasan as dúas escasas horas de bloqueo, volve ás andadas. Así que creo que hai que imporlle un bloqueo de máis duración, 1 mes ou máis. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 2 de abril de 2013 ás 20:29 (UTC)

Feito! Bloqueado por un mes. --Xas (conversa) 2 de abril de 2013 ás 20:46 (UTC)
Symbol oppose vote.svg Discordo; esa IP pertence a un centro educativo; non todos os vandalismos foron feitos pola mesma persoa, e esa IP tamén ten moitas edicións válidas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de abril de 2013 ás 21:01 (UTC)
Estou con Estevo. Bloquear por tanto tempo estas contas de centros educativos non sempre é a mellor opción. --Toliño Fala aquí comigo 2 de abril de 2013 ás 21:46 (UTC)
Eu tampouco quero, pero non paran de vandalizar, así que os interesados en contribuír ben poden iniciar sesión e colaborar perfectamente, que eu xa o fixen no meu instituto. E se non teñen conta poden creala na casa, que creo que todo o mundo ten un ordenador. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 3 de abril de 2013 ás 07:51 (UTC)
E non se pode saber o centro educativo como se fixo noutro que vin por aí e avisar ó director do centro? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2013 ás 23:14 (UTC)
Creo que non, mira o que puxen aquí. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 15 de abril de 2013 ás 06:45 (UTC)
Desbloqueeino. Estaba bloqueado para 3 meses, que considero demasiado, pero é que ademais é a IP de todos os centros de ensino de Galicia dependentes da Xunta de Galicia. --Xabier Cid Talk 2 me, please 11 de xuño de 2013 ás 17:57 (UTC)
Non estaba bloqueado para 3 meses, estaba bloqueado para 1 mes (que non cumprira) [1], e menos de 16 horas despois do desbloqueo a súa primeira edición volve a ser un vandalismo. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xuño de 2013 ás 10:52 (UTC)
Correcto. Bloqueouno Xas para un mes, e pensei que se confundira e lle dera máis. E confundinme eu. Desculpas. Agora, con todo entendido, vou proceder a desbloquealo. As razóns dese desbloqueo é que esa é a IP de todos os centros de ensino de Galicia. Seguindo o contido das normas, debemos ser infinitamente prudentes con IPs anónimas. Os bloqueos longos serven para que un usuario concreto que quere facer mal desapareza. Pero con estes rapaces/zas esa regra non funciona. Esa IP vai dar problemas no futuro, sempre. Si, é así. Pero ter esa conta habilitada permite que milleiros de docentes e discentes realicen edicións boas e aprendan os valores da Wikipedia. Desbloquéoo porque xa transcorreran quince días, en vez de simplemente reducir o bloqueo, que me parecería o axeitado. Saúdos! --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de xuño de 2013 ás 10:46 (UTC)

Desprotexer un modelo[editar a fonte]

Baixar a semiprotexido a protección de Modelo:Fusión desde (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar). --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 14 de abril de 2013 ás 01:42 (UTC)

Feito! Feito! por Lameiro (conversa · contribucións). --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 14 de abril de 2013 ás 21:12 (UTC)

Bloqueo definitivo para ARANETA TRIAD[editar a fonte]

Solicito o bloqueo permanente para este usuario que está a verter spam. --JaviP96 1 de xuño de 2013 ás 11:52 (UTC)

Certamente é un caso de spam. Bloqueado. Grazas polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xuño de 2013 ás 13:34 (UTC)

77.27.141.231 (conversa · contribucións)[editar a fonte]

Solicito o bloqueo desta ip, que está a vandalizar artigos sobre fútbol e incluír texto en castelán. --JaviP96 3 de xuño de 2013 ás 19:18 (UTC)

Usuario avisado na súa páxina de conversa, grazas por avisar Javi. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xuño de 2013 ás 22:49 (UTC)

usuarios[editar a fonte]

Ollo cos usuarios Usuario:Pepefrio, Usuario:MixedUp67 e Usuario:Raposo29. Revisade as contribucións e, se cómpre, bloqueo. --Norrin_strange (Fala-me) 12 de xuño de 2013 ás 15:02 (UTC)

Non fixeron edicións salvo Raposo, aínda que non editou ningún artigo, deilles a benvida ó proxecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 08:48 (UTC)

Usuario:ConcellodeTui[editar a fonte]

O usuario:ConcellodeTui está a sustituir a imaxe Ficheiro:Escudo_de_Tui.svg por Ficheiro:EscudodeTui.jpg] en todas as páxinas onde aparece. --Norrin_strange (Fala-me) 13 de xuño de 2013 ás 08:20 (UTC)

Revertidas as edicións e avisado o usuario. Grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 08:43 (UTC)

80.24.196.254[editar a fonte]

Edicións vandálicas desta IP, pódese comprobar no seu historial (contribucións) que non ten feito achega produtiva nunca. Xa que logo, pido o seu bloqueo temporal. --Norrin_strange (Fala-me) 13 de xuño de 2013 ás 10:49 (UTC)

Feito! Bloqueado por tres días. --Toliño Fala aquí comigo 13 de xuño de 2013 ás 11:24 (UTC)

85.91.95.244[editar a fonte]

Esta IP (85.91.95.244 ) está a vandalizar continuamente o artigo de Elena Gallego Abad, solicito o seu bloqueo --Norrin_strange (Fala-me) 14 de xuño de 2013 ás 07:05 (UTC).

Feito! Feito! Bloqueado por dúas semanas e protexido o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xuño de 2013 ás 09:35 (UTC)

Colectivoliterario[editar a fonte]

Tiven que bloquear ao Usuario:Colectivoliterario, estaba a facer unhas edicións vandálicas desde unha IP e a súa propia conta contra o artigo Iván del Río Paderne (que creou el no 2013). Se alguén ten algo que dicir que o faga, mesmo se queredes desbloquealo... simplemente pensei que era a mellor opción o bloqueo. --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 19:04 (UTC)

Desbloqueei o usuario. Expliqueille por que non debe facer iso. O de borrar o artigo... pois habería que sometelo á votación se o tedes claro. Eu non o teño tan claro (quero dicir, o que votaría), pero sempre é positivo o dereito a decidir :). --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de marzo de 2014 ás 19:58 (UTC)

Vandalismo WPPilot[editar a fonte]

Informo de que esta tarde tiven que bloquear a conta do usuario WPPilot por destruír este de forma reiterada o contido da súa páxina de conversa. Previamente, advertírao en relación co seu comportamento (prexudicial para a comunidade). Despois dese primeiro bloqueo, insistiu no borrado da páxina de conversa, polo que acabo de proceder a prolongar a duración do bloqueo das 24 horas a 3 días, e quiteille a posibilidade de que modifique nese tempo a páxina de conversa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 27 de xaneiro de 2015 ás 20:35 (UTC)

José María Bello Maneiro[editar a fonte]

Leva bastante vandalismo nestes últimos días por parte dunha mesma IP, creo que habería que protexelo para que só os usuarios rexistrados o poidan editar. Banjo tell me 20 de febreiro de 2015 ás 13:04 (UTC)

Feito! Feito! Grazas polo aviso Banjo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2015 ás 13:58 (UTC)

Unión, Progreso y Democracia[editar a fonte]

Parece que hai unha guerra de edicións ahí co nome do título, que se leva "," ou se non... van varios movementos nos últimos días. Habería que protexer o título do artigo contra movementos para evitar que anden ahí dun lado a outro. Grazas! Banjo tell me 18 de marzo de 2015 ás 10:27 (UTC)

Feito! Feito! Movido e protexido. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de marzo de 2015 ás 16:44 (UTC)

Conversa usuario:Je7roi[editar a fonte]

Contactoume pola wiki es e expliqueille como pedir o desbloqueo. As súas contribucións si parecen "boas", agás a teima de retirar os marcadores, que fan válido ó bloqueo. Ao non estar involucrado directamente có que fixo non teño información suficiente como para tomar unha decisión ou outra, non sei se o usuario pode dar garantía algunha de bo comportamento ou "redención". Botádelle un vistazo, déixoo á opinión da maioría. Grazas! Banjo tell me 28 de abril de 2015 ás 17:01 (UTC)

Non me parece que o usuario teña moitos coñecementos de galego, non entendo o interese que ten en colaborar aquí. Se non sabe galego, vai adicarse a facer artigos con traducións automáticas para que despois os demais vaian amañándoas? Iso só sería unha carga para o proxecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2015 ás 23:18 (UTC)

Rango de IPs 187.189.XXX.XXX[editar a fonte]

Bloqueei varias IPs do rango 187.189.XXX.XXX, debido á reiteración de traducións automáticas con múltiples erros sen revisión ou correccións posteriores, todas elas en artigos de especies animais. Tódalas IPs proceden do proveedor iusacell.net.

  • 187.189.148.64
  • 187.189.155.214
  • 187.189.248.161
  • 187.189.149.135
  • 187.189.155.180

Banjo tell me 7 de agosto de 2015 ás 19:13 (UTC)