Verónica Martínez Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Verónica Martínez Delgado
Nome completoVerónica Martínez Delgado
Nacemento4 de abril de 1976
 Valdoviño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoetisa
editar datos en Wikidata ]

Verónica Martínez Delgado, nada en Valdoviño o 4 de abril de 1976, é unha escritora e profesora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Historia da arte en 1998 pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora de ensino secundario en formación profesional na familia de Servizos socioculturais e á comunidade.[2]

Participou en diversas publicacións periódicas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna, Ólisbos, Festa da Palabra Silenciada, Arraianos, Olga,[3] e en diversos recitais, conferencias, cursos, obradoiros e congresos, sempre relacionados coa poesía e a literatura galegas. En 2018 colaborou na revista Ligeia[4]. Forma parte tamén da Plataforma de Crítica Literaria A Sega e o Grupo Bilbao de Madrid.

A súa obra foi estudada nos ensaios Ferroláns na historia da literatura galega, de Henrique Dacosta, e Letras de Cal na producción poética galega dos 90, de Miguel Louzao Outeiro. Recentemente publicouse o traballo de fin de grao Verónica Martínez Delgado: unha poeta do século XXI nas marxes do sistema, de Lidia Gladys Cagiao Conde.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Mañá, se cadra, non será un día máis (2015), publicado en internet.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • X. M. Tomé. Antolóxica (2007). Universidade de Santiago de Compostela.
  • I Encontro Arte e Natureza (2009). Embora.
  • Breves notas sobre a historia da Arte aplicadas á intervención sociocomunitaria (2009). Lulú.
  • A intervención didáctica nos DEAC (2009) Lulú.

Prólogos[editar | editar a fonte]

  • Outra vida, de Mário Herrero.
  • O segredo de Sheela na Gig, de Iolanda Aldrei.
  • O único lugar onde ficar inmóbil, de Arancha Nogueira.
  • A seiva calcinada de Alberte Momán.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Catro contos do Premio Repsol, 1997, Fundación Repsol.
  • Somni de paper, 2001, Bromera.
  • Sempre mar. Cultura contra a Burla Negra, 2003, Asociación Burla Negra.
  • II e III Concurso de Relato Curto e Poesía, 2005, Concello de Valdoviño.
  • Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
  • O ladrón de almas, en Isto é un poema e hai xente detrás, 2007, Espiral Maior.
  • Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
  • Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2012, Amargord.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Sétimo andar, 2012, A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • Filografias, 2013, Lastura.
  • Esferografías, 2014, Lastura.
  • Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega, Frank & Time, 2014. Edición de Ana Acuña.
  • Poetízate, 2014, Xerais.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Fisterras, 2015, Lastura.
  • 1975-2015 Moncho Reboiras Vive!, 2015, Arredista Edicións.
  • odesexo, A. C. Caldeirón, 2016.
  • Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora.
  • Disto non se fala, en coautoría Emma Pedreira, plaqueta editorial Micromundos, 2018.
  • Antropotecas II, 2018, Ianua Editora.
  • 50 historias de éxito docente. Profesores finalistas a los Premios EDUCA. Mejor docente de España 2017 y 2018, Víctor Arufe Giráldez editor. Editorial Educa.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Segundo premio do VII Concurso de relatos breves Repsol no 1994, por Mañá se cadra non será un día máis.
  • Gañadora do IV Premio de poesía Francisco Fernández del Riego no 1996, por Había tantos homes lilas.
  • Gañadora do V Premio de poesía Francisco Fernández del Riego no 1997, por Deshabitada e sen verdugo.
  • Premio Rosa de Cen Follas no 1998, por Metíchesme cen mil volumes.
  • Accésit do I Premio de Poesía Letras de Cal no 2000, por Desterrada do meu corpo.
  • Premio do Concurso de Poesía Xove de Alzira no 2001, por Desterrada do meu corpo.
  • III Premio de Poesía Afonso Eanes de Cotón no 2004, por Cara a un solpor de gatos.
  • Mención de honra no premio GZ Crea no 2006, por O ladrón de almas.
  • Mención no VIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas no 2013, por Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter.
  • Accésit no Certame de poemas de amor de Foz no 2014, por Xa non hai máis.
  • Gañadora do IX Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2014, por O episodio.
  • Segundo premio do Certame Literario Rosalía de Castro da A. C. Rosalía de Castro de Cornellà no 2014, por Test de embarazo positivo.
  • Gañadora da sección de Poesía no X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Rosa de Cen Follas, por Habitación compartida no materno-infantil.
  • Segundo premio no Certame de poesía en lingua galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa en 2018.
  • Proposta para os Premios Educa Abanca como Mellor Docente de España en 2018.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Texto non identificado na AELG.
  2. "Verónica Martínez Delgado". www.aelg.gal. Consultado o 2019-05-03. 
  3. "Autobiografía" (PDF). concellomalpica.com. Consultado o 03/05/2019. 
  4. "Iria Collazo". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416. 
  5. "Desterrada do meu corpo" (PDF). poesiagalega.org. Consultado o 23/09/2018. 
  6. García Salgado, Lino (19/10/2014). "Desterrada do meu corpo de Verónica Martínez Delgado: 360º de pel viva. Terra e Tempo". www.terraetempo.gal. Consultado o 2019-05-03. 
  7. "Deshabitada e sen verdugo". aelg.gal. Consultado o 23/09/2018. 
  8. "Cara a un solpor de gatos. TresCtres editores. LG3 O soportal da Literatura Galega.". culturagalega.org. Consultado o 2019-05-03. 
  9. Requeixo, Armando (12/08/2014). "Obra reunida". criticalia. Consultado o 2019-05-03. 
  10. asociacionescritoras-es. "Vídeo da presentación da Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado. Axenda cultural. AELG::". aelg.gal. Consultado o 2019-05-03. 
  11. Diario de Ferrol (28/01/2014). "Verónica Martínez afonda na temática de xénero en “Refuxio”". Diario de Ferrol. Consultado o 2019-05-03. 
  12. nebedaclube (2019-02-13). "Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter. Encontro literario con Verónica Martínez Delgado". Nébeda. Club de lectura e encontros literarios. Consultado o 2019-05-03. 
  13. Requeixo, Armando (15/01/2016). "Loquios versais". criticalia. Consultado o 2019-05-03. 
  14. "Verónica Martínez Delgado , finalista a los Premios EDUCA ABANCA. Mejor Docente de España 2018". Web Oficial de EDUCA. Plataforma para la mejora de la educación (en castelán). 2019-05-02. Consultado o 2019-05-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]