Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións/Arquivo 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7

Xan de Ningures - Estevoaei[editar a fonte]

Nas últimas horas produciuse un estraño incidente no que interviron diversos usuarios da wikipedia:

  1. En primeiro lugar, e no marco dunha discusión sobre a licenza dunha imaxe, o usuario Xan de Ningures realizou unha argumentación en ton contundente.
  2. A seguir, o usuario Atobar dirixiuse ao usuario Xan de Ningures en ton conciliador e pedíndolle calma.
  3. O usuario Xan de Ningures responde con malos modos, e dunha forma completamente incorrecta.
  4. O usuario Estevoaei intervén na discusión e insulta seriamente a un antigo usuario –poderiamos entrar a debater este concepto, pero creo que sería saírnos do obxectivo neste momento–. Ademais, e dentro desa discusión, revela a identidade do ser humano real, algo que é certamente daniño, de natureza moi grave, e que non debe volver a suceder.
  5. Posteriormente Xan de Ningures insulta seriamente a Estevoaei. Inmediatamente retira o seu insulto inicial.
  6. Interveñen Alberte e Lameiro, administradores, poñendo orde. Ademais, o usuario Xan de Ningures fai unha edición na súa páxina de usuario que desactiva o procedemento habitual que se debe tomar cando se revelan informacións persoais, que é a retirada da mensaxe (neste caso de Estevoaei) e a súa supresión do historial mediante a axuda dun administrador do sistema externo.
  7. Posteriormente, o usuario Xan de Ningures volve dirixirse ao usuario Atobar dunha forma irrespectuosa e tampouco lle pide desculpas.

Coincido plenamente con Alberte e con Lameiro en que as reaccións non se corresponden en absoluto co tema tratado, nin tampouco coa situación xeral da Galipedia, onde se vive unha tranquilidade que debemos conservar a toda costa. Ao mesmo tempo, os insultos teñen unha gravidade inusual, e en teoría deberían ser duramente castigados. Porén, e co propósito de acalmar os ánimos e ao mesmo tempo de non sentar un precedente que xustifique insultos no futuro, e despois de consultalo cos administradores Alberte e Lameiro, procedo a bloquear:

  • o usuario Xan de Ningures por un día, por dirixirse ao usuario Atobar dunha forma completamente irrespectuosa.
  • o usuario Estevoaei por unha semana, por graves insultos.
  • o usuario Xan de Ningures por tres días, por graves insultos rectificados inmediatamente.
  • o usuario Xan de Ningures, por un día, por dirixirse ao usuario Atobar dunha forma completamente irrespectuosa.

Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 18:14, 5 abril 2009 (UTC)

Solicito o bloqueo deste usuario por utilizar un nome inapropiado.--RNC 07:58, 3 maio 2009 (UTC)

Enrique Conde Blanco[editar a fonte]

Veño de borra-lo artigo Enrique Conde Blanco. Creouse por terceira vez, tras dous borrados anteriores, co mesmo contido. Primeiro foi Skay Solutions (o 10.05), Logo Joan (o mesmo día 10.05), e hoxe a IP 189.216.43.64. Ademais, o texto procede -exactamente- de www.degalicia.org/. Vixiade este artigo porque semella máis que probable que o volva crear proximamente. Pedro --Lameiro (conversa) 14:56, 14 maio 2009 (UTC)

Solicito a protección do artigo Fala de Estremadura na versión anterior á campaña para mudar o seu contido. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:54, 17 xullo 2009 (UTC)

¿Eso é tanto como solicitar que se impida un punto de vista distinto ó que tes ti, non?--Gallita 21:06, 17 xullo 2009 (UTC)

¿Para que me molestei en tratar de dialogar? Nin se me contestou nin se me preguntou. ¿Para que dialogar se é mais simple modificar o artigo e bloquealo impedíndome a edición?. A política de "muera la inteligencia!" acostuma a dar malos resultados a medio e longo prazo.--Gallita 22:56, 17 xullo 2009 (UTC)
Viva o diálogo, si señor, tuve 0 (cero) explicacións. Mal vai a Galipedia con este espírito de "grupito mandamás machaca toda disidencia". --Gallita 15:56, 18 xullo 2009 (UTC)
Tes o diálogo en Conversa:Fala de Estremadura. Solicítolle que se non ten a actitude de colaborar no proxecto senón de andar chimpando nun lugar e noutro expresando opinións persoais alleas ós contidos dos artigos deixe entón de facelo, porque vai contra o espírito do proxecto Wikipedia. Alberte Si, dígame? 21:38, 18 xullo 2009 (UTC)
Non é verdade que teña o diálogo en Conversa:Fala de Estremadura, porque intentei expresarme alí e foi censurada a miña opinión, por queixarme de una reversión inxusta. Evite por favor os seus xuicios de valor sobre as miñas actitudes, claro que tiña vontade de colaborar! creei 5 artigos o primeiro día e "xulga" vostede que non teño vontade de colaborar?. Por favor, non me empuxe fóra do proxecto, vostede non é quen para decir ós editores que se vaian porque non concorden con a súa opinión, vostede (se é administrador) podrá bloquearme, pero xamais pode decirme que debo facer, este é un proxecto libre (polo menos no caso da maioría das wikipedias, nesta empezo a dudalo). Finalmente, non me fale, por favor, de espírito do proxecto Wikipedia, demóstreo primeiro vostede con exemplos (por exemplo de colaboración e tolerancia).--Gallita 22:07, 18 xullo 2009 (UTC)
Continúa vostede a realizar actuacións contrarias ás regras do proxecto. A súa intervención na conversa foi revertida por ser un ataque, e por non ter nada que ver co traballo no artigo (que é para o que están esas conversas). Por favor, deixe de emprega-la wikipedia para os seus propios fins. En definitiva, non sabotee a wikipedia. Alberte Si, dígame? 22:38, 18 xullo 2009 (UTC)

Solicito que se valore http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario%3AAtobar&diff=1307855&oldid=1307107 para posible bloqueo temporal do usuario que realizou a mensaxe. Considero moi grave ter coñecemento de datos privados dun usuario por mor do exabrupto doutro. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  18:11, 3 outubro 2009 (UTC)

Xa me expresaron que xa foi bloqueado. Rogaría que de aquí en diante, cando se bloquee un usuario, se faga mención na súa páxina de discusión cun letreiro que se vexa ben. Así non volverei meter a pata cunha mensaxe coma esta que aquí deixei. En conclusión, desculpade que deixase esta mensaxe ó non me dar de conta de que xa tiverades actuado. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  18:38, 3 outubro 2009 (UTC)

Solicito que un admistrador olle as edicións da IP 213.60.222.34 para aforar tempo avise a IP e logo si necesario a bloqueo algún tempo para que cavile como debese colaborar. Outra posibilidade pode ser de protexer a páxina do artigo, en espera que se converse na páxina de conversa do artigo. Elvira (conversa comigo) 19:29, 14 novembro 2009 (UTC)

Solicito o bloqueo de Imxavitooh por violación reiterada da licenza da Wikipedia[editar a fonte]

Un dos requisitos da licenza da Wikipedia é o recoñecemento da autoría, no caso da tradución de artigos procedentes doutras Wikipedias o procedemento establecido na Galipedia é incluír un texto de recoñecemento de orixe no resumo de edición como pode comprobarse en Axuda:Resumo de edición. Como pode comprobarse na páxina de conversa de Imxavitooh foi avisado en numerosas ocasións da violación da licenza da Wikipedia nas traducións de artigos doutras Wikipedias. Debido ao reiterado da violación da licenza e ao feito de que dita violación non pode ser causada polo descoñecemento dese requisito, sendo ademais un engano atribuirse a autoría de artigos que en realidade foron creados por outros solicito o bloqueo de Imxavitooh (conversa · contribucións). Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:00, 16 decembro 2009 (UTC)

Polo que vexo, nas edicións posteriores do usuario Imxavitooh a esta solicitude, as que corresponden a traducións foron marcadas como tales na caixa de resumo. Dsreille un aviso ó usuario para que non se volva esquecer. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 16:01, 18 decembro 2009 (UTC)