Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos
Esta é a sección dereitos do Taboleiro dos administradores | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Nesta sección recóllense as peticións de atribución ou retirada de dereitos. |
![]() Bloqueos publicar |
![]() Bots publicar |
![]() Imaxes publicar |
![]() Spam publicar |
![]() Vandalismo publicar |
![]() Xeral publicar |
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~ " ou premendo na icona "![]() |
||||||
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4 | ||||||
|
Índice
Revogación dos dereitos de administrador e burócrata de Toliño[editar a fonte]
Precisamos dun burócrata que faga a petición en meta para a revogación dos dereitos de administrador e burócrata de Toliño (conversa · contribucións) por inactividade, seguindo o indicado na política. Envieille os correos de aviso e as mensaxes previas de aviso están aquí. Grazas. ☣Banjo tell me 22 de decembro de 2017 ás 09:28 (UTC)
Agremon (conversa · contribucións) ou Xabier Cid (conversa · contribucións), podedes facer a petición en Meta? Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de decembro de 2017 ás 09:57 (UTC)
Se non o fai antes Xavier, o día 30 fáigoo eu con calma. Saúdos,Agremon(contacto) 28 de decembro de 2017 ás 23:13 (UTC)
Cursada a petición en meta: https://meta.wikimedia.org/wiki/Steward_requests/Permissions#Removal_of_access. --Agremon(contacto) 13 de xaneiro de 2018 ás 13:29 (UTC)
- (Ía escribir na Taberna, ía escribir na miña conversa... Decidín deixar a nota aquí...)
- Boas a todos. Paso brevemente por aquí para saudar. Boto isto en falta moito, de verdade. Sinto a miña inactividade. Acougade, vai todo ben pola miña banda. Dende que rematei a universidade non puiden dedicar nada de tempo a editar. Seguramente seguirei así durante bastante tempo polos proxectos que teño diante. Pido desculpas por non contestar as mensaxes de correo que recibín: non é a miña conta persoal e non a consulto. Grazas por preocuparvos por min. A revogación dos meus dereitos era lóxica, non vos gardo rancor por quitarme os poderes ;)
- ... É mentira, co poderoso que se sentía un... :P
- Alégrame saber que isto segue subindo. Sigo pasando por aquí como lector aínda que non me rexistre e participe. Grazas por seguires todos adiante co proxecto :)
- Gustaríame prometer o meu regreso, pero non pode ser. Ogallá algún día. Teño morriña. --Toliño Fala aquí comigo 22 de marzo de 2018 ás 17:12 (UTC)
- É unha mágoa que non poidas seguir colaborando, pero se algún día volves recibirémoste cos brazos abertos (por suposto). Que teñas moita sorte nos proxectos que tes por diante e unha aperta. --Chairego apc (conversa) 22 de marzo de 2018 ás 17:17 (UTC)
Asignar os dereitos de burócrata a Estevoaei[editar a fonte]
Precisamos que un burócrata lle asigne os dereitos de burócrata a Estevoaei (conversa · contribucións) segundo o resultado da votación correspondente finalizada hoxe 31 de xaneiro. Grazas. ☣Banjo tell me 31 de xaneiro de 2018 ás 14:18 (UTC)