Saltar ao contido

DGC Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 DGC Records
 Instancia de
Características
 Discografía
Implicados
 Fundador/a
 Operador/a
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
1990 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/03rkgx Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

DGC Records é un selo discográfico estadounidense pertencente ao Universal Music Group, que na actualidade opera como selo auxiliar de Interscope Records.

DGC Records (acrónimo de "David Geffen Company") apareceu en 1990 como unha subsidiaria de Geffen Records e coa distribución de Warner Bros. Records ata 1991, cando foi adquirida polo grupo MCA Music Entertainment Group. O selo creouse como resposta ao éxito que Geffen tivera con artistas hard rock que promovía. A pesar de que inicialmente centrouse máis no rock progresivo e no heavy metal, a medida que a década avanzaba tamén abarcaría ao emerxente rock alternativo, asinando con influentes artistas como Nirvana, Sonic Youth e Beck. O selo tamén editou os primeiros traballos da banda de hip hop The Roots.

En 1999, durante a consolidación da empresa nai de Geffen, Universal Music Group, e PolyGram, o selo DGC parou as súas operacións. Os seus artistas pasarían a gravar con Geffen Records. Nos anos seguintes, o nome DGC e o seu logo apareceron ocasionalmente en reedicións do seu pasado catálogo. No ano 2007 o selo foi reactivado como unha marca de Interscope Records, herdando a moitos dos artistas alternativos que asinaran con Interscope-Geffen-A&M. Dende a súa reactivación editou álbums de Weezer, Beck, Counting Crows e Rise Against.

Ata a data, o álbum máis vendido do catálogo de DGC é o Nevermind de Nirvana, editado en 1991, que acadou unhas vendas internacionais de 25 millóns de copias, 10 deles só nos Estados Unidos, e é un dos primeiros álbums que foron certificados diamante.