Tibor Pleiß

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tibor Pleiß
Tibor Pleiß.jpg
Utah Jazz
Pivote
Información persoal
Nacemento 23 de marzo de 1990 (25 anos)
Renania do Norte-Westfalia Bergisch Gladbach, NW
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Altura 2,18 m (7 ft 2 in)
Peso oficial 122 kg (269 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2010 / Rolda: 2 / Elección: 31

Por New Jersey Nets

Carreira desde 2006
Historial de equipos
Köln 99ers (2006–2009) BBL
Brose Baskets (2009–2012) BBL
Saski Baskonia (2012–2014) ACB
FC Barcelona (2014–2015) ACB
Utah Jazz (2015–presente)
Premios e galardóns
Basketball Bundesliga (2010–2012)
BBL-Cup (2007, 2010–2012)

Tibor Pleiß, nado en Bergisch Gladbach (Colonia, Renania do Norte-Westfalia) o 2 de novembro de 1989, é un xogador de baloncesto profesional alemán que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA). Mide 2,18 metros e xoga na posición de pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pleiß uniuse ós Köln 99ers da Basketball Bundesliga con 17 anos en 2006.[1] Xogou durante tres anos co club, chegando a xogar a ULEB Eurocup no ano 2008. Antes da tempada 2009-10, fichou polo Brose Baskets.[2]

Pleiß declarouse elixible para o Draft da NBA de 2010. Foi elixido polos New Jersey Nets na 31ª posición, e foi traspasado posteriormente ós Atlanta Hawks. Máis tarde, os Hawks venderon os seus dereitos ós Oklahoma City Thunder.

No ano 2012, Pleiß deixou Alemaña para xogar no Saski Baskonia da Liga ACB.[3]

En agosto de 2014, asinou un acordo de dous anos co FC Barcelona.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Player Profile at Basketpedya.com
  2. Profile at Eurobasket.com
  3. Caja Laboral ficha a Tibor Pleiss y Fabien Causeur Baskonia, 24 de xuño de 2012
  4. «FC Barcelona lands Pleiss». Euroleague.net. Consultado o 11 de agosto de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]