Gordon Hayward
![]() | |
Charlotte Hornets – No. 20 | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 23 de marzo de 1990 (33 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 102 kg (225 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Brownsburg (Brownsburg, Indiana) |
Universidade | Butler (2008–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 9 Por Utah Jazz |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Utah Jazz (2010–2017) Boston Celtics (2017–2020) Charlotte Hornets (2017–presente) |
Gordon Daniel Hayward[1], nado en Indianapolis (Indiana) o 23 de marzo de 1990, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Charlotte Hornets da National Basketball Association (NBA). Xogou para a Universidade de Butler en Indianapolis dúas tempadas antes de irse á NBA. Hayward salientou na súa tempada coma sophomore (segundo ano), liderando aos Butler Bulldogs a un gran remate do torneo da NCAA de 2010.[2] Foi elixido polos Utah Jazz na 9ª posición do Draft da NBA de 2010.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Hayward xogou en 72 partidos na súa tempada coma rookie en Utah, acadando 5,4 puntos por partido e unha porcentaxe do 47% en triplas. No comezo da tempada, xogou pouco para os Jazz, pero foi gañando minutos a medida que avanzaba a tempada, e respondeu cun gran xogo nos últimos partidos. Fixo un gran partido contra os Los Angeles Lakers o 5 de abril, xogando mellor que Kobe Bryant nese partido, e facendo grandes xogadas nos derradeiros minutos para axudar á vitoria dos Jazz por 86-85.[3] Hayward rematou con 22 puntos, 6 rebotes e 5 asistencias, e a súa defensa fixo que Bryant tivera unha actuación horrible, con 7 perdas de balón, e tan só 6 de 18 de tiros de campo. Hayward rematou a tempada coa mellor marca da súa carreira, 34 puntos, na vitoria por 107-103 contra os Denver Nuggets.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Anderson, Kelli (31 de maio de 2010). "The Education of Gordon Hayward". Sports Illustrated. p. 1. Consultado o 2 de xuño de 2010.
- ↑ Associated Press (7 de maio de 2010). "Butler readies for life without Hayward". ESPN.com. Consultado o 10 de maio de 2010.
- ↑ "Utah Jazz stun Lakers 86-85 behind 22 from Gordon Hayward". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 06 de xuño de 2011.
- ↑ Denver Nuggets vs. Utah Jazz - Box Score - April 13, 2011
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 08 de xullo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)