Larry Sanders
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 21 de novembro de 1988 (34 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Port St. Lucie (Port St. Lucie, Florida) |
Universidade | VCU (2007–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 15 Por Milwaukee Bucks |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Milwaukee Bucks (2010–2015) →Fort Wayne Mad Ants (2011) | |
Información en nba.com |
Larry Sanders, nado o 21 de novembro de 1988 en Fort Pierce, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que é axente libre. Cunha altura de 2,08 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Instituto[editar | editar a fonte]
Sanders non xogou ao baloncesto até noveno curso, xa que a súa escola privada non ofrecía deportes. Posteriormente trasladouse ao Instituto Port St. Lucie, onde fixo medias de 18,9 puntos e 13 rebotes por partido no seu ano sénior, e liderou a Port St. Lucie a un balance de 20 vitorias e 8 derrotas e ao campionato District 13-5A. Sanders foi incluído no mellor equipo do estado.
Universidade[editar | editar a fonte]
Na súa primeira tempada na Virginia Commonwealth University, Sanders foi incluído no mellor quinteto de novatos da Colonial Athletic Association e no mellor quinteto defensivo. No seu segundo ano cos Rams fixo medias de 11,3 puntos e 8,6 rebotes por partido e foi coroado como mellor defensor da súa conferencia.[1] A súa progresión continuou na súa terceira e última campaña na universidade, facendo 14,4 puntos, 9,1 rebotes e 2,6 tapóns por partido, e sendo nomeado por segundo ano consecutivo mellor defensor da conferencia. Ademais, foi incluído no mellor quinteto da CAA. Larry Sanders anunciou en abril de 2010 a súa intención de declararse elixible para o Draft da NBA de 2010.
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi seleccionado na 15ª posición do Draft da NBA de 2010 por Milwaukee Bucks.[2] O 8 de xullo de 2010, asinou un contrato de rookie cos Bucks. O 20 de febreiro de 2011, foi asignado ós Fort Wayne Mad Ants da NBA D-League.[3] O 26 de febreiro de 2011 regresou ós Bucks.
O 30 de novembro de 2012, conseguiu a súa primeira tripla-dobre, tras acadar 10 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns na derrota de Milwaukee contra os Minnesota Timberwolves. Rematou a tempada na segunda posición en tapóns por partido, tan só por detrás de Serge Ibaka. Ademais, rematou terceiro na votación ó xogador con maior progresión da tempada, por detrás de Paul George e Greivis Vásquez. O 20 de agosto de 2013, asinou unha extensión de contrato cos Bucks de catro anos e 44 millóns de dólares.[4]
O 21 de febreiro de 2015, chegou a un acordo cos Bucks para rescindir o seu contrato.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Larry Sanders Draft 2010 Prospects". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2010.
- ↑ "Bucks Roster: Larry Sanders". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2014.
- ↑ "Bucks Assign Sanders to Fort Wayne of D-League". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015.
- ↑ "Bucks sign Larry Sanders to contract extension". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015.
- ↑ Bucks Request Waivers on Larry Sanders
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 28 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)