Basketball Bundesliga
| Nome na lingua orixinal | (de) Basketball-Bundesliga |
|---|---|
| Tipo | liga deportiva |
| Deporte | baloncesto |
| Organizador | FIBA Europa |
| Liga superior | Euroleague Basketball |
| Liga inferior | ProA |
| Número de participantes | 18 |
| Localización e Datas | |
| País | Alemaña |
| Vixencia | 1966 – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | easycredit-bbl.de |
A Basketball Bundesliga, frecuentemente abreviada como BBL e por motivos de patrocinio easyCredit BBL, é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino de Alemaña. A liga consta de 18 equipos, que se disputan o título xogando unha liga regular e un play-off. Ao final da liga, os oito equipos mellor clasificados clasifícanse para o play-off, mentres que os dous últimos clasificados descenden a unha categoría inferior. Os play-offs son xogados en eliminatorias ao mellor de cinco partidos, sendo o equipo que gaña a rolda final proclamado campión alemán da tempada.
Ademais da competición de liga, todos os equipos da BBL compiten nunha competición de Copa (BBL-Pokal).[1] Os equipos que compiten no segundo nivel do baloncesto alemán (ProA ou ProB) ou nunha liga rexional máis baixa tamén poden ser elixidos para participar nesta competición. A competición sempre consta de tres eliminatorias de a un partido, engadíndose máis roldas segundo o número de equipos participantes. Os catro últimos equipos dispútanse o título nunha final a catro, que determina quen se leva as medallas de bronce, prata e ouro.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta liga foi creada en 1939, sendo pronto suspendida a causa da segunda guerra mundial, non reiniciándose ata 1947. A partir de 1966 converteuse nunha competición profesional. En 1947, o MTSV Schwabing München converteuse no primeiro campión logo da Guerra que dividíu Alemaña. A creación dunha liga na República Democrática Alemá consistente nunha división Norte e unha división Sur de 10 equipos cada unha, foi creada en 1964 pola Federación Alemá de Baloncesto (DBB). O 1 de outubro de 1966 comezou a primeira tempada da renomeada Basketball Bundesliga. A principios da tempada 1971-72 o número de equipos desta categoría reduciuse a oito equipos. Na tempada 1975-76, a estutura da liga trocou a unha liga de 10 equipos na primeira liga (1. Basketball Bundesliga) e 20 equipos nunha segunda liga league (2. Basketball Bundesliga). Só a segunda liga estaba dividida nunha división Norte e outra división Sur, cada unha delas de 10 equipos.
En 1985 a máxima competición do baloncesto alemán foi ampliada a 12 equipos, dous anos despois, cada unha das divisións da segunda liga foi ampliada tamén a 12 equipos. En 1988 aplicouse por primeira vez o sistema de play-off ao mellor de cinco partidos. Ao comezo da tempada 1995-96 a liga estaba formada por 14 equipos. A Basketball Bundesliga GmbH (BBL) foi fundada en outubro de 1996. Dous anos despois, un contrato asinado entre a BBL e a Federación Alemá de Baloncesto transfería os seus dereitos de imaxe á BBL durante 10 anos a cambio de que a BBL pagara anualmente axudas ao deporteafeccionado por 600 000 DM (306 775 €). A principios da tempada 2003−04 a BBL ampiouse a 16 equipos, e na 2006−07 a 18 equipos. Na tempada 2007−08 a estrutura da segunda liga suprimiu as divisións Norte e Sur por unha División Pro A e Pro B. Estas divisións están baixo a administración da "AG 2. Bundesliga".
Entre 1994 e 2001, o máximo nivel das ligas alemás de baloncesto foi denominada "Veltins Basketball Bundesliga", de 2001 a 2003, a liga foi coñecida coma "s.Oliver Basketball Bundesliga" e a partir de 2014 recibe o nome de BEKO Basketball Bundesliga. O equipo que máis ligas gañou é o Bayer Giants Leverkusen, con 14 títulos, aínda que o dominador nos últimos tempos é o ALBA Berlin, gañando 7 títulos consecutivos dende 1997, gañando en 2008 o seu oitavo título. Dende a súa creación, vinte e un equipos gañaron esta competición.
Equipos
[editar | editar a fonte]Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022–23 da Basketball Bundesliga.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1938−39
Spandau - 1939−46 Non celebradas debido á guerra
- 1946−47
Schwabing - 1947−48
Turnerbund Heidelberg - 1948−49
Schwabing - 1949−50
Stuttgart−Degerloch - 1950−51
Turnerbund Heidelberg - 1951−52
Turnerbund Heidelberg - 1952−53
Turnerbund Heidelberg - 1953−54
Bayern München - 1954−55
Bayern München - 1955−56
Düsseldorf - 1956−57
Heidelberg - 1957−58
Heidelberg - 1958−59
Heidelberg - 1959−60
Heidelberg - 1960−61
Heidelberg - 1961−62
Heidelberg - 1962−63
Alemannia Aachen - 1963−64
Alemannia Aachen - 1964−65
Gießen 46ers - 1956−57
Heidelberg - 1966−67
Gießen 46ers - 1967−68
Gießen 46ers - 1968−69
Osnabrück - 1969−70
Bayer Leverkusen - 1970−71
Bayer Leverkusen - 1971−72
Bayer Leverkusen - 1972−73
Heidelberg - 1973−74
Hagen - 1974−75
Gießen 46ers - 1975−76
Bayer Leverkusen - 1976−77
Heidelberg - 1977−78
Gießen 46ers - 1978−79
Bayer Leverkusen - 1979−80
Göttingen - 1980−81
Saturn Köln - 1981−82
Saturn Köln - 1982−83
Göttingen - 1983−84
Göttingen - 1984−85
Bayer Leverkusen - 1985−86
Bayer Leverkusen - 1986−87
Saturn Köln - 1987−88
Saturn Köln - 1988−89
Bayreuth - 1989−90
Bayer Leverkusen - 1990−91
Bayer Leverkusen - 1991−92
Bayer Leverkusen - 1992−93
Bayer Leverkusen - 1993−94
Bayer Leverkusen - 1994−95
Bayer Leverkusen - 1995−96
Bayer Leverkusen - 1996−97
Alba Berlin - 1997−98
Alba Berlin - 1998−99
Alba Berlin - 1999−00
Alba Berlin - 2000−01
Alba Berlin - 2001−02
Alba Berlin - 2002−03
Alba Berlin - 2003−04
Skyliners Frankfurt - 2004−05
Brose Bamberg - 2005−06
Köln 99ers - 2006−07
Brose Bamberg - 2007−08
Alba Berlin - 2008−09
Oldenburg - 2009−10
Brose Bamberg - 2010−11
Brose Bamberg - 2011−12
Brose Bamberg - 2012−13
Brose Bamberg - 2013−14
Bayern München - 2014−15
Brose Bamberg - 2015−16
Brose Bamberg - 2016−17
Brose Bamberg - 2017−18
Bayern München - 2018−19
Bayern München - 2019−20
Alba Berlin - 2020−21
Alba Berlin - 2021−22
Alba Berlin
Finais polo título
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ausschreibung BBL-Pokal 2015-16" (PDF). Beko-BBL (en alemán). 2015. Consultado o 20 de setembro de 2015.
- ↑ A temporada terminou en formato de torneo debido á pandemia de COVID-19