Kevin Séraphin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Kevin Seraphin")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kevin Séraphin
Kevin Seraphin Wizards.jpg
Barça Lassa  – No. 1
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 7 de decembro de 1989 (28 anos)
Flag of Guyana.svg Cayenne, Güiana
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 126 kg (278 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 17
Por Chicago Bulls
Carreira dende 2007
Historial de equipos
Cholet Basket (2007–2010)
Washington Wizards (2010–2015)
Baskonia (2011)
New York Knicks (2015–2016)
Indiana Pacers (2016–2017)
FC Barcelona (2017–presente)

Kevin Séraphin, nado o 7 de decembro de 1989 en Cayenne, Güiana Francesa é un xogador francés de baloncesto profesional que xoga no FC Barcelona da Liga ACB.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Séraphin comezou a xogar ao baloncesto en 2004.[1] Entrou na academia de xuvenís do Cholet Basket en 2006 antes de unirse ao primeiro equipo e facer o seu debut profesional na tempada 2008-09 co Cholet Basket na Pro A League. En 69 partidos co Cholet, fixo 4.56 puntos e 3.52 rebotes en 12.6 minutos de xogo, entre as tres competicións que disputaba o equipo.[2]

Foi elixido na 17ª posición do draft da NBA de 2010 polos Chicago Bulls. O 8 de xullo de 2010, Séraphin foi traspasado aos Washington Wizards xunto a Kirk Hinrich nun intercambio polos dereitos de Vladimir Veremeenko.[3]

Selección nacional de Francia[editar | editar a fonte]

Séraphin foi chamado para o equipo nacional sub-20 para xogar con Francia o Campionato de Europa da FIBA do ano 2009, e axudou á súa selección a gañar a medalla de prata.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de outubro de 2011. Consultado o 16 de maio de 2011. 
  2. http://www.cholet-basket.com/Equipes/Detail.aspx?NumEquipier=103&CodeEquipe=ProA
  3. "Wizards Acquire Kirk Hinrich and Draft Rights to Kevin Seraphin From Chicago". NBA.com. Consultado o 2010-07-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]