James Anderson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Anderson
Manisa BB
Información persoal
Nacemento 25 de marzo de 1989 (34 anos)
El Dorado, Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Instituto Junction City (Arcansas)
Universidade Oklahoma State (2007–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 20
Por San Antonio Spurs
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
San Antonio Spurs (2010–2012)
Austin Toros (2011)
Houston Rockets (2013)
Philadelphia 76ers (2013–2014)
Žalgiris Kaunas (2014–2015)
Sacramento Kings (2015–2016)
Darüşşafaka (2016–2017)
Khimki (2017–2018)
Anadolu Efes (2018–2022)
Murcia (2022–2023)
Manisa BB (2023–presente)

James Lee Anderson, nado o 25 de marzo de 1989 en El Dorado, Arcansas, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no Manisa BB turco. Antes de ser profesional formouse na universidade de Oklahoma State.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anderson foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2010 polos San Antonio Spurs. Xogou en seis partidos no comezo da tempada, antes de quedar fóra debido a unha rotura do quinto metatarso do seu pé dereito. O 26 de xaneiro de 2011, foi asignado aos Austin Toros da NBA D-League,[1] para coller forma ao volver a xogar.[2] Anderson xogou dous partidos para os Toros, antes de ser chamado polos Spurs tres días despois.[3] Con todo, o 7 de febreiro, foi asignado outra vez aos Austin Toros,[4] onde xogou en cinco partidos máis, antes de ser chamado polos Spurs o 23 de febreiro.[5] Os Spurs non exerceron a súa opción para renovalo durante o verán, e Anderson converteuse en axente libre. En setembro de 2012, Anderson asinou cos Atlanta Hawks.[6] Foi cortado polos Hawks o 27 de outubro de 2012.[7] Despois diso, Anderson foi fichado polos Bakersfield Jam da NBA Development League.[8]

O 2 de xaneiro de 2013, Anderson fichou polos Houston Rockets.[9][10][11] O 15 de xullo de 2013, foi cortado polos Rockets.[12] O 16 de xullo de 2013, asinou polos Philadelphia 76ers.[13] O 13 de novembro de 2013, conseguiu a maior anotación da súa carreira ó anotar 36 puntos contra os Houston Rockets na vitoria dos Sixers na prórroga por 123-117. O 30 de xuño de 2014, Anderson foi cortado polos 76ers.[14] O 5 de agosto de 2014, asinou un contrato dun ano co Žalgiris Kaunas lituano.[15] Após un breve regreso pola NBA cos Sacramento Kings en 2015–2016, Anderson xogou para distintos equipos europeos como o Darüşşafaka, o Khimki, o Anadolu Efes e o Murcia.

Estatísticas NBA[editar | editar a fonte]

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2010–11 San Antonio 26 11.0 .383 .391 .778 .9 .7 .1 .2 3.6
2011–12 San Antonio 51 11.8 .379 .279 .750 1.5 .8 .2 .0 3.7
2012–13 San Antonio 10 9.4 .440 .455 .778 1.4 .9 .3 .2 3.4
2012–13 Houston 29 10.6 .406 .327 .895 2.0 1.1 .4 .1 4.0
2013–14 Philadelphia 80 28.9 .431 .328 .726 3.8 1.9 .9 .4 10.1
2015–16 Sacramento 51 14.1 .376 .267 .759 1.7 0.8 0.4 0.3 3.5
Total 247 17.5 .411 .321 .755 2.3 1.2 .5 .2 5.8

Playoffs[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2012 San Antonio 8 3.9 .444 .500 .500 .6 .4 .1 .0 1.4
2013 Houston 2 9.0 .200 .000 .000 2.0 .0 .0 .0 1.0
Total 10 4.9 .357 .286 .500 .9 .3 .1 .0 1.3

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Spurs assign James Anderson to Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 26 de xaneiro de 2011. Consultado o 27 de xaneiro de 2011. 
  2. Tim Griffin (16 de xaneiro de 2011). "Anderson likely headed for D-League for rehab by end of week". Spurs Nation (Hearst Corporation). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2011. Consultado o 27 de xaneiro de 2011. 
  3. "Spurs recall James Anderson from Austin Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 29 de xaneiro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2011. 
  4. "Spurs assign James Anderson to Austin Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 7 de febreiro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2011. 
  5. "James Anderson recalled from the Austin Toros". spurs.com (San Antonio Spurs). 23 de febreiro de 2011. Consultado o 23 de febreiro de 2011. 
  6. "Hawks add James Anderson, Keith Benson, Damion James, Carldell Johnson, Anthony Tolliver to training camp". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2013. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  7. "Atlanta Hawks waive James Anderson and Damion James". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2013. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  8. "Full List of 2012 Returning, Affiliate and Local Tryout Players Invited to NBA D-League Training Camps". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2015. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  9. "Houston Rockets sign James Anderson, release Daequan Cook". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2014. 
  10. "James Anderson Signs With Houston Rockets, Receives His Second Call-Up Of Season". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2014. Consultado o 06 de agosto de 2014. 
  11. "Anderson Signs with Rockets". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2014. Consultado o 06 de agosto de 2014. 
  12. "Houston Rockets waive James Anderson and Tim Ohlbrecht, and announce signings". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2014. 
  13. "Philadelphia 76ers claim James Anderson and Tim Ohlbrecht off waivers". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2014. 
  14. Sixers Waive Guard James Anderson
  15. Zalgiris adds swingman Anderson

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]