Willie Warren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Willie Warren
Zhejiang Golden Bulls  – No. 32
Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 22 de outubro de 1989 (28 anos)
Flag of Texas.svg Dallas, Texas
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto North Crowley (Fort Worth, Texas)
Universidade Oklahoma (2008–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 2 / Elección: 54

Por Los Angeles Clippers

Carreira dende 2010
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (2010–2011)
Bakersfield Jam (2011)
Rio Grande Valley Vipers (2012)
Maccabi Rishon LeZion (2012–2013)
Szolnoki Olaj (2013–2014)
Virtus Pallacanestro Bologna (2014)
Beikong Fly Dragons (2014–2015)
Zhejiang Golden Bulls (2015–presente)

Willie D. Warren, nado o 22 de outubro de 1989 en Dallas, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Zhejiang Golden Bulls da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Warren foi elixido na 54ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Los Angeles Clippers. Máis tarde, o 13 de xullo de 2010, asinou un contrato cos Clippers. [1]

Nesa mesma tempada, Warren foi enviado á NBA D-League. Xogou 6 partidos para os Bakersfield Jam da D-League, e acadou 21.0 puntos, 7.0 asistencias, 5.3 rebotes e 1.0 roubos por partido, e anotando un 50% dos tiros de campo e un 46% dende a liña de 3 puntos. Os Jam tiveron unha marca de 5-1 con Warren no equipo. Tras o seu paso pola D-League, Warren foi chamado de volta polos Clippers, pero foi asignado outra vez aos Jam o 2 de marzo de 2011.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]