Köln 99ers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Köln 99ers
Logo99ers.gif
Información xeral
Liga 1. Regionalliga
Fundación 1999
Historia RheinEnergie Köln (2001-2007)
Cores           Vermello, branco
Localización
Cidade Alemaña Colonia, Alemaña
Pavillón GEW Energy Dome
Capacidade 3.232
Campionatos
Liga 1 (2006)
Copa 3 (2004, 2005, 2007)
Supercopa 1 (2006)
sg-koeln99ers.de

O Köln 99ers, coñecido entre 2001 e 2007 como RheinEnergie Köln, é un club de baloncesto da cidade de Colonia, no estado de Renania do Norte-Westfalia, que xoga na 1. Regionalliga, a cuarta categoría do baloncesto alemán. O maior éxito do club foi a consecución da Basketball Bundesliga, máxima competición do baloncesto xermano, no ano 2005, o que lle serviu para participar na Euroliga, alén das tres Copas de Alemaña gañadas en 2004, 2005 e 2007. Porén, en xaneiro de 2008 o club desclárase insolvente e é relegado a categorías inferiores.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo foi fundado en 1999 co nome de Cologne 99ers. No ano 2001 reciben o patrocinio da compañía enerxética RheinEnergie, que apoia ao club até o ano 2007, ano no que o club toma o nome de Köln 99ers. Alén de gañar as Copas de Alemaña de 2004, 2005 e 2007, o maior éxito do club foi a consecución da Liga de Alemaña en 2006, o que lles permitiu participar na edición 2006-07 da Euroliga. Durante a súa participación na máxima competición continental o club xogou os seus partidos como local no Philips Halle de Düsseldorf. O 21 de xaneiro de 2008 o club anuncia que é insolvente, sendo relegado a categorías inferiores do baloncesto xermano. No ano 2013, o club foi relanzado co nome RheinStars Köln na Oberliga.

Nomes[editar | editar a fonte]

  • Cologne 99ers (1999−2001)
  • RheinEnergie Köln (2001−2007)
  • Köln 99ers (2007−2013)
  • RheinStars Köln (2013−presente)

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Liga de Alemaña
    • Campións (1): 2006
  • Copa de Alemaña
    • Campións (3): 2004, 2005, 2007
  • Supercopa de Alemaña
    • Campións (1): 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]