Jerome Jordan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jerome Jordan
Axente libre
Pivote
Información persoal
Nacemento 29 de setembro de 1986 (27 anos)
Flag of Jamaica.svg Kingston, Xamaica
Nacionalidade Flag of Jamaica.svg Xamaica
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso 109 kg (240 lb)
Instituto Florida Air Academy
Información da carreira
Universidade Tulsa
NBA Draft 2010 / Rolda: 2 / Elección: 44

Escollido por Milwaukee Bucks

Carreira dende 2010
Historial de equipos
KK Hemofarm (2010-2011)
BC Krka (2011)
New York Knicks (2011-2012)
Erie BayHawks (D-League) (2012)
Información en nba.com

Jerome Jordan, nado o 29 de setembro de 1986 en Kingston, é un xogador xamaicano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Jordan foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Milwaukee Bucks.[1] Foi traspasado aos New York Knicks o 8 de xullo de 2010 a cambio de diñeiro.[2] Tras xogar na liga de verán cos Knicks, decidiu xogar en Europa, no KK Hemofarm serbio, pero os Knicks seguían tendo os seus dereitos. En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano co KK Krka en Eslovenia.[3] Os Knicks anunciaron que Jordan ía asinar un contrato con eles para a tempada 2011-12.[4]

O 9 de xullo de 2012, Jordan foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Toney Douglas, Josh Harrellson e dúas eleccións da 2ª rolda do Draft de 2014 e 2015 a cambio de Marcus Camby.[5] Foi cortado polos Rockets o 18 de xullo de 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]