Ekpe Udoh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ekpe Udoh
Ekpe Udoh March 2012.jpg
Fenerbahçe Ülker
Pivote / Ala-pivote
Nacemento 20 de maio de 1987 (28 anos)
Oklahoma Edmond, Oklahoma
Nacionalidade Estados Unidos Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Universidade Michigan (2006–2008)
Baylor (2009–2010)
Carreira dende 2010
Equipos Warriors (2010-2012)
Bnei Herzliya (2011)
Milwaukee Bucks (2012-2014)
Clippers (2014-2015)
Fenerbahçe Ülker (2015- )

Ekpe Udoh, nado o 20 de maio de 1987 en Edmond, Oklahoma, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense, que xoga nos Fenerbahçe Ülker de Turquía. Xogou na Universidade de Baylor e foi elixido no draft de 2010 da NBA polos Golden State Warriors na 6ª posición.

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante tres tempadas, dúas en Michigan e unha en Baylor, onde conseguiu 8.4 puntos, 6.3 rebotes e 1.5 asistencias en 103 partidos. Ekpe foi nomeado rookie da semana en catro ocasións, xogador defensivo do ano coma junior e incluído no equipo defensivo e no equipo de rookies, tamén coma junior.

NBA[editar | editar a fonte]

No draft de 2010, Udoh foi elixido na 6ª posición polos Golden State Warriors. Debido a unha lesión na man, Udoh non xogou un partido da NBA ata o 11 de decembro de 2010, cando fixo o seu debut contra os Miami Heat, xogando 3 minutos nos que anotou 2 puntos.

O 13 de marzo de 2012, foi traspasado aos Milwaukee Bucks xunto a Monta Ellis e Kwame Brown a cambio de Andrew Bogut e Stephen Jackson.[1]

O 3 de setembro de 2014, Udoh asinou cos Los Angeles Clippers.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Warriors trade Ellis, Brown to Bucks for Bogut, Jackson
  2. «Clippers Sign Chris Douglas-Roberts and Ekpe Udoh». NBA.com. 3 de setembro de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]