Darington Hobson
![]() | |
Santa Cruz Warriors – No. 13 | |
Escolta / Ala | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1987 (33 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Decatur Christian (Decatur, Illinois) |
Universidade | CC of Eastern Utah (2007–2009) New Mexico (2009–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 2 / Elección: 37
Por Milwaukee Bucks |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Milwaukee Bucks (2011-2012) →Fort Wayne Mad Ants (NBA D-League) (2011-2012) Santa Cruz Warriors (NBA D-League) (2013) Brasília (Brasil) (2014) Santa Cruz Warriors (NBA D-League) (2015-presente) | |
Información en nba.com |
Darington Hobson, nado o 29 de setembro de 1987 en Las Vegas, Nevada, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Santa Cruz Warriors da NBA Development League. Cunha altura de 2,01 metros pode xogar nas posicións de escolta e ala.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Instituto[editar | editar a fonte]
Hobson asistiu ao Instituto Western durante o seu ano freshman (primeiro), antes de trasladarse ao Instituto Alief Hastings en Houston, Texas. Ao quince anos cambiouse á Gulf Shores Academy, onde recibiu o alcume de "Butta". Hobson continuou mudandose, esta vez até California, onde asistiu ao seu cuarto instituto, o Calvary Baptist Christian. Por último, marchou ao Decatur Christian en Illinois, onde fixo de media 19 puntos, 12 rebotes e 7 asistencias por partido.
Universidade[editar | editar a fonte]
Hobson xogou ao baloncesto durante dous anos no College of Eastern Utah da National Junior College Athletic Association. O primeiro ano fixo medias de 18,4 puntos e 8,3 rebotes e liderou ao equipo a un balance de 17-15. Foi incluído no terceiro equipo do All-American da NJCAA. Na súa segunda campaña asinou 15,2 puntos e 8,7 rebotes, e a súa mellor actuación realizouna ante Western Wyoming con 35 puntos.
Unha vez finalizada a súa segunda tempada no CEU, Hobson foi trasladado á Universidade de New Mexico. Hobson non decepcionou, converténdose no primeiro xogador en liderar aos Lobos en puntos (15,9), rebotes (9,3) e asistencias (4,6) durante unha tempada. Foi nomeado mellor xogador e mellor novato da Mountain West Conference, sendo o único xogador na historia en lograr ambos os recoñecementos no mesmo ano. Tamén foi incluído no mellor quinteto da conferencia e entre os 26 finalistas para o Premio John R. Wooden. O 29 de marzo de 2010, Hobson foi seleccionado no terceiro equipo do All-American por Associated Press, o primeiro lobo en conseguilo desde Danny Granger en 2005.
Profesional[editar | editar a fonte]
Hobson foi elixido na 37ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Milwaukee Bucks. O 29 de decembro de 2011 foi asignado aos Fort Wayne Mad Ants da NBA Development League.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)