Territorio Británico do Océano Índico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Territorio Británico do Océano Índico
British Indian Ocean Territory
Bandeira de Territorio Británico do Océano Índico
Escudo de Territorio Británico do Océano Índico
Bandeira Escudo
Location of the British Indian Ocean Territory.png
Lema: In tutela nostra Limuria
(en latín: «Lemuria está ao noso cargo»)
Himno: God Save the Queen
Linguas oficiais Inglés
Forma de goberno Territorio de ultramar
Isabel II
Joanne Yeadon
Colin Roberts
Dependencia do Reino Unido 8 de novembro de 1965
Superficie Posto 231º
 • Total 60 km²
Costas 698 km
 • Total (2005) 3 500 hab.
 • Densidade 58 hab./km²
PIB (nominal)
Moeda Libra esterlina
Xentilicio Chaguense
Fuso horario CET (UTC+5)
 • Horario de verán CEST (UTC+6)
Dominio de Internet .io
Prefixo telefónico +246
Prefixo radiofónico non ten
Código ISO 086 / IOT / IO

O Territorio Británico do Océano Índico (BIOT - Das siglas en inglés, British Indian Ocean Territory) atópase no Océano Índico, aproximadamente a metade do camiño de África á Indonesia, en 6°S, 71°30'L.

O territorio abarca os seis atois do arquipélago de Chagos (फेहंद्वीप Phehandweep en hindi e outros idiomas da India do Norte, Paeikaana Theevukal பேகான தீவுகள் en tamil, Feyhandheebu ފޭހަންދީބު en dhivehi) con máis de 1.000 illas individuais (moi pequenas) cunha superficie total de 60 quilómetros cadrados.

A illa máis grande é Diego García (44 km²) ocupa unha posición estratéxica no centro do Océano Índico, toda ela é unha instalación militar conxunta do Reino Unido e os Estados Unidos. Tras o desaloxo da poboación nativa (chagosianos) na década de 1960, os únicos habitantes son o persoal militar de EE.UU. e Gran Bretaña e os contratistas asociados, que en conxunto suman ao redor de 4.000 (cifras de 2004).

Historia[editar | editar a fonte]

Localización das illas

O Arquipélago de Chagos foi descuberto polo explorador español Diego García de Moguer en 1554, quen bautizou á maior das illas como Diego García.

O BIOT foi establecido como territorio do Reino Unido o 8 de novembro de 1965, agrupaba os Arquipélagos de Chagos, Aldabra, Farquhar e as illas Desroches. O 23 de xuño de 1976 Aldabra, Farquhar e Des Roches foron devoltos a Seychelles cando acadou a independencia. Consecuentemente, o BIOT soamente está constituído por un grupo de seis illas incluíndo o Arquipélago de Chagos. A maior illa e a máis ao sur, Diego García, e acolle bases navais do Reino Unido e mailos EUA. Tódalas illas restantes están deshabitadas. Entre 1967 e 1973, os agricultores que anteriormente residían na illa foron mandados a illa Mauricio e ao arquipélago de Seychelles. En 2000, a suprema corte británica anulou a orde de inmigración local que excluía os residentes do arquipélago, máis apoiou o estado militar especial de Diego García. O territorio do Reino Unido e administrado por un comisario que reside fora da illa, o representante do Comisionado no territorio, é o oficial ao mando do destacamento de forzas británicas. A Defensa é responsabilidade do Reino Unido; os Estados Unidos arrendaron Diego García e o contrato vencerá en 2016. Entre mentres, o Arquipélago de Chagos é reivindicado por Mauricio e por Seychelles.

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

Como territorio do Reino Unido, a súa "cabeza de estado" é a Raíña Elizabeth II , e a "cabeza de goberno" é o Comisario Colin Roberts e a Administradora Joanne Yeadon, todos residentes no Reino Unido. Non se celebran eleccións; o monarca é hereditario, o comisario e o administrador son designados polo monarca.

Economía[editar | editar a fonte]

Toda a actividade económica concéntrase na illa Diego García onde están as instalacións de defensa do Reino Unido e dos EUA. Os aproximadamente 3.000 habitantes nativos, coñecidos como o Chagosians ou Ilois, foron evacuados para a illa Mauricio antes da construción dos complexos militares; en 1995, había aproximadamente 1.700 militares americanos-ingleses e 1.500 civis vivendo na illa. Os proxectos de construción e outros servizos necesarios para manter as instalacións militares son feitos polos soldados e empregados contratados do Reino Unido, Mauricio, Filipinas, e EUA. Non hai ningunha actividade industrial ou agrícola nas illas. A concesión de licenzas de pesca comercial proporcionan un ingreso anual de ao redor de 1 millón de dólares para o territorio. Están dispoñíbeis servizos de telefonía para o exército e para as necesidades públicas, providenciando todo o servizo tradicional de teléfono comercial inclusive conexión con Internet; o servizo internacional é feito a través de satélite. O Territorio ten tres estacións de radio, unha de AM e dúas FM, e unha estación de televisión.

Xeografía e Comunicación[editar | editar a fonte]

Vista de Diego García, base militar.

O territorio é un arquipélago de 55 illas, a máis grande é Diego García, que representa case tres cuartas partes da superficie total do territorio, que é de 60 km². O terreo é plano e baixo, coa maioría de superficies que non excedan de 2 metros sobre o nivel do mar. O clima é tropical marítimo, cálido e húmido, e moderado polos ventos alisios. A maioría das illas non teñen estrada, Diego García ten unha pequena estrada pavimentada entre o porto e aeroporto, o medio de transporte máis común son as bicicletas. A base militar de Diego García ten o único aeroporto do territorio con varias pistas, a maior de 3000 metros de longo, é capaz de acoller bombardeiros como os moi pesados B-52 da USAF e o transbordador espacial no caso dunha misión abortada. Tamén Diego García posúe un importante porto.