Saltar ao contido

Atol Tarawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAtol Tarawa
(en) Tarawa Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoAtol
vila
asentamento Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Gilbert Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Gilbert Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Gilbert, Kiribati Editar o valor en Wikidata
Mapa
 1°26′N 173°00′L / 1.43, 173
Bañado porocéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude2 m Editar o valor en Wikidata
Superficie31,02 km² Editar o valor en Wikidata

Tarawa é un atol na rexión de Micronesia do océano océano Pacífico central que foi a capital da antiga colonia británica das Illas Gilbert e Ellice. Tarawa Sur, a parte do sur do atol, salvo Betio, é agora a illa capital da República de Kiribati.[1][2][3] Comprende Tarawa Norte, que ten 6.629 habitantes e moito en común con outras illas máis remotas do grupo de Illas Gilbert, e Tarawa Sur, que ten 56.388 habitantes en 2015, a metade da poboación total do país.[4][5] O atol foi o escenario da Batalla de Tarawa durante a Segunda Guerra Mundial.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Tarawa é unha antiga forma kiribatiana para Te Rawa, que significa "A Pasaxe" (da Lagoa), chamada así pola infrecuente canle grande para barcos cara á lagoa.[6] Na etimoloxía popular baseada na mitoloxía de Kiribati, Nareau, o Deus-araña, distinguía Karawa, o ceo, de Marawa, o Mar, de Tarawa, a terra.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Tarawa está formada por un mínimo de 24 illotes, dos cales 8 están habitadas. A cidade máis grande (Bikenibeu), o aeroporto internacional de Tarawa e o aeroporto de Bonriki atópanse no Tarawa Sur (Bairiki).

Tarawa ten unha gran lagoa, cunha superficie total de 500 km² e un amplo arrecife. A lagoa está amplamente aberta ao océano, cunha gran vía para barcos. Aínda que abundan de forma natural peixes e mariscos de todo tipo, os recursos mariños están a ser esgotados pola gran e crecente poboación. A seca é frecuente, pero en anos normais as precipitacións son suficientes para manter árbores de froita do pan, papaia e bananeiras, así como cocoeiras e pandanus.

[Tarawa Norte]] consiste nunha cadea de illotes desde Buariki no norte ata Buota no sur. Os illotes están separados nalgúns lugares por amplas canles que é mellor cruzar coa marea baixa, e hai un servizo de transbordadores entre Buota e Abatao.[7] Só Buota está conectada por estrada con Tarawa Sur, a través dunha ponte. En Tarawa Sur, a construción de calzadas creou agora unha única franxa de terra desde Betio no oeste ata Tanaea no nordés.[8] Anteriormente, Benito, o lugar da a batalla de Tarawa, tiña só 1,178 km².[9]

Aldeas de Tarawa

Vilas e aldeas

[editar | editar a fonte]

Abatao - Bairiki (Tarawa Sur) - Bikenibeu - Bonriki - Buariki - Buota - Eita - Marenanuka - Taborio - Teaoraereke

Un illote tropical con follas de palmeira orientadas na dirección dos ventos predominantes.

Tarawa presenta un clima de selva tropical segundo a clasificación climática de Köppen. O clima é agradable de abril a outubro, con ventos predominantes do nordés e temperaturas estables próximas aos 30º 0. De novembro a marzo, os vendavais occidentais traen choiva e ocasionais ciclóns.[2][10][11]

As precipitacións varían significativamente entre as illas. Por exemplo, a media anual é de 3.000 mm no norte e de 500 mm no sur das illas Gilbert.[10] A maioría destas illas están no cinto seco da zona climática oceánica ecuatorial e experimentan secas prolongadas.[11]

Datos climáticos para Aeroporto de Tarawa (Tarawa Sur)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 35,0 33,0 35,0 34,5 34,5 33,5 34,5 34,5 34,5 35,0 35,0 35,0 35,0
Media máxima en °C 30,7 30,6 30,7 30,7 30,8 30,8 30,9 31,0 31,1 31,2 31,3 30,9 30,9
Media diaria en °C 28,2 28,1 28,1 28,2 28,4 28,3 28,2 28,3 28,4 28,6 28,5 28,2 28,3
Media mínima en °C 25,3 25,3 25,2 25,3 25,5 25,3 25,1 25,2 25,3 25,4 25,4 25,3 25,3
Temperatura mínima en °C 21,5 22,5 22,5 22,5 21,0 21,0 21,0 21,5 22,5 22,0 22,5 22,0 21,0
Precipitación media mm 271 218 204 184 158 155 168 138 120 110 115 212 2 052
Media de días con precipitacións (≥ 0.3 mm) 15 12 14 15 15 14 16 18 15 11 10 17 172
Humidade relativa media (%) 81 80 81 82 81 81 80 79 77 77 79 81 80
Media de horas de sol mensuais 220,1 192,1 207,7 201,0 229,4 219,0 229,4 257,3 243,0 260,4 240,0 189,1 2 688,5
Media de horas de sol diarias 7,1 6,8 6,7 6,7 7,4 7,3 7,4 8,3 8,1 8,4 8,0 6,1 7,4
Fonte: Deutscher Wetterdienst[12]

Administración

[editar | editar a fonte]

Este atol ten tres subdivisións administrativas:

  • Teinainano Urban Council (ou TUC, en inglés), de Bairiki a Bonriki, e coñecido en inglés como South Tarawa, é a capital da república;
  • Betio Town Council (ou BTC), no illote de Betio;
  • North Tarawa ou Tarawa Ieta (todos os illotes da parte norte).

O principal centro administrativo da República de Kiribati atópase na illa de Bairiki, un dos illotes no sur de Tarawa. Pero o Parlamento atópase situado no illote de Amboy parte da administración está en Betio ou en Bikenibeu e ata unha en Kiritimati.

Defensas xaponesas da segunda guerra mundial

Durante a segunda guerra mundial Tarawa foi ocupada polas tropas xaponesas e o 20 de novembro de 1943 comezou unha sanguenta batalla (a batalla de Tarawa) cando as tropas americanas tomaron terra nos atois de Tarawa e Makin baixo forte fogo xaponés.


Na mitoloxía de Kiribati, Tarawa representa a terra primordial, que existía antes de que Nareau, o deus araña, separase a terra, o océano e o ceo. Despois de chamar o ceo "karawa" e o océano "marawa", Nareau referiuse á rocha sobre a que Riiki, outra deidade descuberta por Nareau, se atopaba cando elevou o ceo como "Tarawa". Despois disto, Nareau creou as illas restantes de Kiribati, así como Samoa.

Os gilbertenses asentaronse por primeira vez nestas illas hai miles de anos, e houbo migracións cara e desde as Illas Gilbert desde a antigüidade.[13]

As probas dunha variedade de fontes, incluíndo a datación por carbono e análises de ADN, confirman que a exploración do Pacífico incluíu o asentamento das Illas Gilbert arredor do ano 200 a.C. O pobo de Tungaru (nome nativo dos gilbertenses) seguen sendo uns excelentes mariñeiros, capaces de facer travesías oceánicas en embarcacións de fabricación local utilizando técnicas de navegación tradicionais.[14]

Thomas Gilbert, capitán do buque Charlotte de 1784 da Compañía das Indias Orientais, foi o primeiro europeo en describir Tarawa, chegando o 20 de xuño de 1788. Non desembarcou. Chamouno Illa Matthew, en honor ao propietario do seu barco «Charlotte». Chamou á lagoa Baía Charlotte.[15] Os bosquexos de Gilbert de 1788 sobreviven.

Mapa de Tarawa, do estudo da US Ex Ex de 1873

En 1841, a illa foi cartografada pola Expedición de Exploración dos Estados Unidos.[16]

Durante nove xeracións, a illa estivo dividida entre dúas faccións enfrontadas, a Casa de Auatubu e a Casa de Teabike, ata que en 1892 Chegou o HMS Royalist (1883), co capitán Edward Davis proclamando que a illa era agora un Protectorado británico. Isto salvou a Auatubu da masacre, o día anterior, foran derrotados duramente por Teabike. Unha señora moi anciá, tecendo unha estera para durmir vinte e cinco anos despois, describiu a situación:

"Naqueles tempos, a morte estaba á diestra e á senestra. Se paseabamos cara ao norte, matábannos ou violábannos. Se paeabamos cara ao sur, matábannos ou violábannos. Se volvíamos vivas de camiñar polas aforas, os nosos propios maridos matábannos, porque dicían que saíramos buscando ser violadas. Iso era realmente xusto, porque unha muller que desobedece ao seu marido é unha muller sen importancia, e non importa como morra. Con todo, ¡que fermosa é a vida nas nosas aldeas, agora que xa non hai asasinatos nin guerras... Velaquí o meu fillo e o meu neto! Estes terían morto comigo ese día en Nea se o barco de guerra non chegase. E estes" -sinalou aos seus bisnetos e tataranetos- "nunca nacerian. Vivimos porque o Goberno da Kuini Kabitoria trouxo a paz para nós, e aquí estou sentada tecendo esta estera para ser enterrada pola bondade desa muller, con todas as miñas xeracións ao meu redor para..." envólveme nel cando morra".[17]

As consecuencias das reclamacións de terras e contrarreclamacións entre Auatubu e Teabike causaron, con todo, unha gran tensión durante anos.[18]

Charles Richard Swayne, o primeiro Comisionado Residente, decidiu instalar a sede central do protectorado das Illas Gilbert e Ellice en Tarawa en 1895.[19] A oficina de correos de Tarawa abriu o 1 de xaneiro de 1911.[20]

Sir Arthur Grimble foi un oficial administrativo cadete con base en Tarawa (1913–1919).[21] Converteuse en Comisionado Residente da colonia das illas Gilbert e Ellice en 1926.[22]

Cos Marines en Tarawa documental, 1944 (0:20:10)

Durante a Segunda Guerra Mundial, Tarawa estivo ocupada polos xaponeses, e a partir do 20 de novembro de 1943 foi o escenario da sanguenta Batalla de Tarawa. Ese día, os Marines dos Estados Unidos desembarcaron en Tarawa e loitaron contra os marines xaponeses das Forzas Especiais de Desembarco Naval que ocupaban posicións atrincheiradas no atol. Os marines capturaron a illa despois de 76 horas de intensos combates nos que morreron 6.000 persoas en total.

Os feroces combates foron obxecto dun documental producido polos Fotógrafos de Combate da Segunda División de Marines titulado Cos Marines en Tarawa. Foi estreado en marzo de 1944 por insistencia do Presidente Roosevelt. Foi a primeira vez que moitos estadounidenses viron militares estadounidenses mortos en película.[Cómpre referencia] Os Estados Unidos construíron bases na illa.

O Goberno de Kiribati comezou un proxecto de restauración de estradas financiado en parte polo Banco Mundial en 2014 para reasfaltar a estrada principal de Betio, no oeste, a Bonriki, no leste,[23] mellora da estrada principal que transita por Tarawa, que era unha estrada de terra.

Esta illa tamén foi tomada como base dun xogo de vídeo Medal of Honor: Pacific Assault.

Economía

[editar | editar a fonte]

No illote de Betio atópase o principal porto a través do cal expórtase a copra e as perlas que son as principais exportacións da illa.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación en 1990 era de 28.802 persoas. A poboación é principalmente de orixe micronesio.

O libro The Sex Lives of Cannibals por J. Maarten Troost é unha narración cómica dos dous anos que pasou o autor na illa de Tarawa.

  1. "Kiribati government website". Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2010. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Kiribati. The World Factbook. Central Intelligence Agency.
  3. "European Union – list of countries in the world". 
  4. Country files at earth-info.nga.mil Arquivado 12 de agosto de 2005 en Wayback Machine.
  5. "Kiribati Census Report 2015 Volume 1" (PDF). National Statistics Office, Ministry of Finance and Economic Development, Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2013. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  6. Rawa. n. a passage, canal, passage through reef, a strait. Ernest Sabatier, Dictionnaire gilbertin-français, 1952.
  7. "North Tarawa Island Report 2012". Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2025. 
  8. "South Tarawa Island Report 2012". Government of Kiribati. [Ligazón morta]
  9. Crosby, Donald F. (1994). Battlefield Chaplains (en inglés). University Press of Kansas. p. 68. ISBN 978-0-7006-0662-7. 
  10. 10,0 10,1 Kiribati. Encyclopædia Britannica
  11. 11,0 11,1 Thomas, 3
  12. "Klimatafel von Tarawa, Int. Flugh. Bonriki / Kiribati (Gilbert-Inseln)" (PDF). Baseline climate means (1961–1990) from stations all over the world (en alemán). Deutscher Wetterdienst. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  13. North Tarawa Socioeconomic Report 2008. Secretariat of the Pacific Community and Government of Kiribati
  14. Howe, K. R. (2006). Vaka Moana – voyages of the ancestors. David Bateman. ISBN 1869536258. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2025. 
  15. Samuel Eliot Morison (22 de maio de 1944). "The Gilberts & Marshalls: Un distinguido historiador lembra o pasado de dous grupos do Pacífico recentemente capturados". Life. Consultado o 14 de outubro de 2009. Estando agora á beira desta illa, cuxo extremo remata nun fermoso grupo de árbores, achegueime para mirar a baía. Parecía segura e cómoda, protexida por un longo arrecife paralelo á illa, con dúas grandes entradas na baía. O arrecife está a uns ¾ de milla da praia e ten varias illas pequenas que parecen macetas. 
  16. Stanton, William (1975). The Great United States Exploring Expedition. Berkeley: University of California Press. pp. 245. ISBN 0520025571. 
  17. A Pattern of Islands. Arthur Grimble. The Reprint Society, by arrangement with John Murray (publishers) Ltd., 1954. First published 1952. Pages 178-180.
  18. A Pattern of Islands. Arthur Grimble. The Reprint Society, by arrangement with John Murray (publishers) Ltd., 1954. First published 1952. Pages 247-258.
  19. Maude, H.E.; Doran, Edwin Jr. (xuño 1966). "The Precedence of Tarawa Atoll". Annals of the Association of American Geographers 56 (2): 269–289. JSTOR 2569373. doi:10.1111/j.1467-8306.1966.tb00558.x. 
  20. Premier Postal History. "Post Office List". Premier Postal Auctions. Consultado o 5 de xullo de 2013. 
  21. Grimble, Sir Arthur (1952). "A Pattern of Islands". Early New Zealand Books (NZETC). Consultado o 16 de outubro de 2011. 
  22. Grimble, Sir Arthur (2011). A Pattern of Islands. John Murray & Co, London, 1952; republished 2011 by Eland, London. ISBN 978-1-906011-45-1. 
  23. "Projects : Kiribati Road Rehabilitation Project | The World Bank". Arquivado dende o orixinal o 2012-11-12.