Saltar ao contido

Lingua kiribatiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua kiribatiana
Taetae ni Kiribati Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
Taetae ni Kiribati (gil) Editar o valor en Wikidata
Propiedades
 Número de falantes
116280 (2010) Editar o valor en Wikidata
 Institución de normalización
 Estado de lingua da UNESCO
segura
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/0361y8 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2gil Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3gil Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5gil Editar o valor en Wikidata
IETFgil Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O kiribatiano[1] (kiribati na propia lingua) é un idioma da familia austronesia.

Aproximadamente 105.000 persoas falan kiribatiano, das que 98.000 viven en Kiribati, un 97.2% da poboación. O resto dos falantes son habitantes de Nui (Tuvalu), Rabi (Fiji), Mili (Illas Marshall) e algunhas outras illas onde existen colonias de antigos habitantes de Kiribati (Illas Salomón, Vanuatu, Nova Zelandia ou Hawai).

Ao contrario que outros idiomas da rexión do Pacífico, o idioma non se atopa en perigo de extinción, e case todos os falantes utilízano a diario. Só o 30% dos falantes son completamente bilingües co inglés, polo que o kiribatiano non corre o risco de ser absorbido por este.

Pescadores, mariñeiros, granxeiros e xente involucrada na produción de copra conforman a maior parte de falantes desta lingua.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

O kiribatiano ten dous dialectos principais: o do norte e o do sur. A principal diferenza entre ambos está na pronuncia dalgunhas palabras. As illas de Butaritari e Makin tamén teñen o seu propio dialecto, que difire tanto en vocabulario como en pronuncia do kiribatiano estándar.

Escritura

[editar | editar a fonte]

Para a escritura emprégase o alfabeto latino desde o século XIX, cando o misioneiro Hiram Bingham Jr. traduciu a Biblia. Anteriormente a linguaxe carecía de forma escrita. Unha das dificultades coas que se atopou Bingham ao traducir a Biblia foron referencias a palabras por exemplo montaña, un fenómeno xeográfico descoñecido para os habitantes de Kiribati daquela época e do que só oíran falar en lendas samoanas.

Alfabeto kiribatiano
ABEIKMNNGOuRTOuW
ahbeeehikimmnnnggohriseúwi
  • Ola - Mauri
  • Ola [singular]- Ko na mauri
  • Ola [plural] - Kam na mauri
  • Como estás? - Ko uara?
  • Como estades? - Kam uara?
  • Grazas - Ko rabwa
  • Grazas [a varias persoas] - Kam rabwa
  • Adeus - Ti a bo (verémonos)
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kiribatiano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]