Taki Inoue
Nome orixinal | (ja) 井上隆智穂 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de setembro de 1963 (61 anos) Kōbe, Xapón |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Takachiho "Taki" Inoue (井上 隆智穂 Inoue Takachiho,[1]), nado en Kobe o 5 de setembro de 1963, é un piloto de carreiras xaponés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Competiu no British Formula Ford Championship en 1988, seguido dunha tempada en All-Japan Formula Three de 1989 a 1993 e unha tempada no campionato International Formula 3000 en 1994.
Fórmula Un
[editar | editar a fonte].
Participou en 18 carreiras de Gran Premio de Fórmula Un, realizando a súa primeira aparición o 6 de novembro de 1994 no Gran Premio do Xapón de 1994 con Simtek. Non logrou puntos de campionato e considerárono un piloto de pago.
É lembrado por dous estraños incidentes durante a condución do Footwork en 1995. O primeiro ocorreu despois dunha sesión de práctica en Mónaco, cando o seu coche parado era remolcado de volta aos boxes foi golpeado por un coche de seguridade, pilotado por Jean Ragnotti, o que provocou que saíse disparado contra as barreiras, aínda que Inoue estaba listo para competir o día seguinte. O segundo pasou no Gran Premio de Hungría de 1995 visto en directo por televisión en todo o mundo, cando intentaba axudar aos comisarios a apagar lume do motor do seu monopraza, un coche de seguridade Tatra 623 pilotado por un comisaario o atropelou, ferindoo nunha perna, aínda que se recuperou para a seguinte carreira.[2][3]
Durante a maior parte da tempada, o seu compañeiro foi Gianni Morbidelli, pero a finais da tempada Max Papis substituíu a Morbidelli e ás veces foi superado por Inoue.
Entrando na tempada 1996, Inoue solicitou a Tyrrell un volante, pero o equipo elixiu Ukyo Katayama co seu diñeiro de patrocinio Mild Seven de Japan Tobacco.[4] En cambio, anunciouse que en xaneiro pilotaría para o equipo Minardi.[1] Con todo, un dos seus patrocinadores persoais saíuse no último momento e Inoue retirouse da F1. Minardi contratou a Giancarlo Fisichella no seu lugar.[5] Fisichella, o piloto de probas do equipo en 1995, tiña o apoio de Marlboro Italia.[6]
Co seu patrocinio reducido, Inoue quedou fóra da Fórmula Un. Tras un breve paso polo automobilismo deportivo, retirouse das carreiras a finais de 1999 e agora xestiona pilotos no seu propio país.
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Complete International Formula 3000 results
[editar | editar a fonte](key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1994 | Super Nova Racing | SIL 15 |
PAU Ret |
CAT 13 |
PER 13 |
HOC 12 |
SPA 14 |
EST 9 |
MAG Ret |
NC | 0 |
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1994 | MTV Simtek Ford | Simtek S941 | Ford V8 | BRA | PAC | SMR | MON | ESP | CAN | FRA | GBR | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | EUR | XPN Ret |
AUS | NC | 0 | |
1995 | Footwork Hart | Footwork FA16 | Hart V8 | BRA Ret |
ARX Ret |
SMR Ret |
ESP Ret |
MON Ret |
CAN 9 |
FRA Ret |
GBR Ret |
ALE Ret |
HUN Ret |
BEL 12 |
ITA 8 |
POR 15 |
EUR Ret |
PAC Ret |
XPN 12 |
AUS Ret |
NC | 0 |
fonte:[7]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Grand Prix.com - Inoue joins Minardi http://www.grandprix.com/ns/ns00478.html
- ↑ "Tatra T-623". Banovsky's Car of the Day. 9 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2017. Consultado o 08 de marzo de 2018.
- ↑ "Taki Inoue - Biography". F1 Rejects. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 28 de maio de 2011.
- ↑ Grand Prix.com, Katayama at Tyrrell again - http://www.grandprix.com/ns/ns00507.html
- ↑ "F1 News > Minardi to get Fisichella?".
- ↑ Grand Prix.com, Five drivers bidding for Minardi - http://www.grandprix.com/ns/ns00435.html
- ↑ Small, Steve (2000). Grand Prix Who's Who 3rd Edition. Travel Publishing. p. 300. ISBN 1902007468.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Taki Inoue |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |